Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Elsa Vega

lunes, 15 de junio de 2015
Elsa é unha muller arxentino-galega; unha animosa muller que levaba os setenta e tantos anos que ten soñando con Galicia, con vir a Galicia. A ela nacérona na Arxentina, pero seu paí era de Castro de Rei. Elsa Vega
Precisamente, hai un par de semanas, andivemos Xosé Manuel Carballo e máis eu con ela e o seu neto, percorrendo lugares de Castro de Rei que se corresponden coa historia de Elsa Vega.

O apelido Vega venlle por familiar do gran poeta chairego Crecente Vega, unha das voces máis sonoras da natureza e das xentes da Terra Chá. E especialmente de ser sobriña neta de Francisco Vega Ceide, Francisco da Fientosa, o gran poeta de Castro, ao que chamaron o Lorca galego, asesinado en Madrid en 1936.

Elsa Vega, arxentina de Castro de Rei, fíxose profesora de Literatura, co que aínda entendeu mellor o que expresaban os seus devanceiros poetas, e deu en suspirar por visitar Galicia, pero as circunstancias non llo permitiron ata agora mesmo. Mantén unha amizade rotunda con Xosé Manuel Carballo, que lle servíu de ponte entre dous mundos (Arxentina e Galicia), que ao final puideron fundirse ao facer esta viaxe ao “fin do mundo”, que para ela é unha viaxe ao principio do seu mundo persoal e familiar, que puido facer na compaña do seu neto Mariano, de dezanove anos.

Como nesta vida parece que nada pode haber perfecto, un desgraciado accidente de tráfico sufrido en Madrid, retúvoa entre nós máis tempo do previsto, chegando a ocupar unha cama de hospital, convalecendo dunha fractura de cadeira e catro costelas, que sobrelevou con paciencia franciscana e ledicia arxentino-galega.

Elsa Vega, vindo a Galicia foi rotundamente feliz. E eu poido certificar que unha inconveniencia coma esta que, para calquera mortal, sería un episodio a lamentar sempre, para ela quedará mitigada pola ledicia incomparable de por fin, tres cuartos de século despois, conseguir vir á súa Galicia tan soñada de lonxe.

Agora, xa volver estar na Arxentina -na súa benquerida Mendoza- pero de seguro que voltará a esta terra súa, que atopou amizade, agarimo, e a memoria viva da súa xente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES