Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A representación dos empresarios

jueves, 25 de mayo de 2006
Andan os empresarios de Galicia preocupados pola súa representación, ou – o que é o mesmo- pola representación dos seus intereses.

Do mesmo xeito que daquel antigo “Consejo provincial de Trabajadores y técnicos” saíron os Sindicatos de traballadores, do “Consejo Provincial de Empresarios”, de necesaria transformación e evolución sairían as Asociacións e Confederacións de Empresarios, unha por provincia, nas que – Sindicatos e Asociacións – só participan os interesados, aportando voluntariamente as súas cuotas, aínda que todos eles (e elas) dependen en moi boa medida das axudas da Administración, a xeito de cursos e diversas actividades de formación.

De moi atrás viñan e perduran – rémoras que a pasividade permite- as Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación (esto último, nas provincias marítimas), de afiliación obrigatoria para todas as empresas da súa demarcación.

Do mesmo xeito que ás Cámaras Agrarias lles chegou a súa hora, tamén terá que chegarlles ás Cámaras de Comercio, que fan as mesmas funcións que outras asociacións voluntarias, e non son imposición para ninguén.

A Patronal Galega pide que, polo pronto, se supriman cinco das nove cámaras galegas, e que ós empresarios os representen asociacións nas que as eleccións sexan democráticas e abertas a tódolos membros dos colectivos.

As Cámaras, ás que se chega a acusar de descontrol, polo de pronto non son controladas xa que desde 1992 non foron auditadas polo correspondente organismo da Xunta de Galicia.

Os empresarios son os que teñen que dicir como queren ser representados, e as cámaras parecen representar pouco ó empresariado dunha circunscrición, máxime tendo en conta que a representación forzosa non é moi democrática, xenuina e válida representación.

O aire fresco que hai para o sector laboral, no que cada quen se afilia ó que mellor se lle acomode, veña tamén para o sector empresarial. Que haxa liberdade de afiliación. E a quen os empresarios lle dean a súa representación, toda Galicia lla bendiga.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania