Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A polémica vacina da meninxite B

sábado, 13 de junio de 2015
A meninxite é unha enfermidade infecciosa grave que, nalgúns casos, pode provocar a morte. Todos os anos hai algún caso letal. Pode ser provocada por virus ou por bacterias que, á súa vez, poden ser de varias clases, sendo as máis frecuentes as provocadas polos meningococos A, B e C. No calendario infantil está incluida a vacina contra o meningococo C, mais existe unha fonda controversia pola inclusión da vacina contra a meninxite B, que actualmente só está autorizada para uso hospitalario.

Nos últimos meses morreron tres persoas na bisbarra da Coruña -en Oleiros e Arteixo (1)- afectadas por meninxite B. Existe unha preocupación cidadá evidente, amplificada polos medios de comunicación e mal contrarrestada polas autoridades sanitarias. Ainda que este tipo de meninxite ten unha incidencia moi baixa en España, moitos pais están preocupados e outros viaxan a Portugal na procura dunha vacina que non se administra nos Centros de Saúde nin está dispoñible nas oficinas de Farmacia. Hai razóns para tanta alarma colectiva?
Os motivos para a preocupación sempre son razoables, sobre todo cando falamos da saúde dos nenos. Mais neste caso hai unha extraña confluencia do temor colectivo co sensacionalismo dos medios e os intereses da industria farmacéutica que, desde a sombra, alimenta a alarma social e promove a demanda dunha solución (a vacina) que, polo que se sabe ata o momento, non é a panacea absoluta a este problema, tal como queren facer ver.

Porque a realidade é que a eficacia clínica desta vacina non se avaliou por medio de ensaios clínicos (como é de rigor) senon que foi deducida por medio de estudos de inmunoxenicidade (2). Un organismo independende e rigoroso como a SESPAS (Sociedad Española de Salud Pública y Administración Sanitaria) elaborou un informe (3) no que afirma que os ensaios clínicos de seroconversión non deron resultados suficientes, porque cunha incidencia tan baixa de enfermidade, parece imposible avaliar a eficacia cos ensaios clínicos habituais. Polo tanto, a introducción desta vacina no mercado parece basearse nas boas intencións á espera de estudos de fase IV (post-comercialización).

A vacina “experimental” Bexsero (4), fabricada polo poderoso laboratorio Novartis, se chega a aplicarse masivamente aos nosos nenos, sería a primeira vacina que se comercializa sen dispor de datos de eficacia clínica, coa incerteza de que poida realmente interrumpir a circulación das bacterias e manter a inmunidade de grupo. Os nosos nenos poderían servir de “cobaias” ao laboratorio, que obtería unha información moi importante sobre a eficacia e a seguridade deste produto despois da aplicación masiva na poboación infantil. Ninguen pode asegurar que non se van provocar danos e prexuicios con esta práctica, pois o perfil de seguridade da vacina está por comprobar.

É moi posible que a AEMPS (Agencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios) se teña precipitado dando vía libre a unha vacina cunha efectividade pouco avaliada e tamén é posible que as asociacións profesionais que defenden o seu uso se equivoquen na súa análise pois sempre é preciso estar seguro de que a vacina é realmente eficaz e efectiva, cousa dudosa coa información actual. Dase o caso de que algunhas das sociedades profesionais que apoian abertamente a inclusión desta vacina no calendario infantil teñen, en maoir ou menor medida, conflitos de interese e vínculos estreitos coa industria farmacéutica (5).

Cos datos dispoñibles na actualidade, procedentes de fontes non contaminadas, podemos concluir que a meninxite B (ainda que sexa unha doenza grave) ten unha baixa incidencia e que esta vacina carece de datos suficientes que avalen a súa eficacia e seguridade. Tamén pode ocurrir, no caso de que se aplicase masivamente, que os nosos nenos sexan utilizados para “experimentar” coa vacina e obter datos sobre a mesma ainda descoñecidos.

Hai que defender e apoiar as vacinas “de sempre”, que teñen evitado tantas doenzas e salvado tantas vidas. Só pretendemos sinalar as zonas de sombra existentes na introducción de novas vacinas no calendario. Porque hai empresas con fortes intereses económicos, cómplices debidamente remunerados e unha Administración errática, que non é capaz de defender o ben común fronte ás presións dos poderosos lobbies patrocinados por Farmaindustria.


ENLACES:
1. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/arteixo/2015/05/22/fallece-vecina-arteixo-ingresada-meningitis/00031432302239474265703.htm

2. http://www.aemps.gob.es/medicamentosUsoHumano/vacunas/infoUtilTerapeutica/docs/infUtilTerap_Bexsero.pdf

3. http://equipocesca.org/wp-content/uploads/2013/10/vac-meningitis-B-informe-SESPAS.pdf

4. http://www.migueljara.com/2013/06/11/la-vacuna-bexsero-sin-datos-de-eficacia-esta-en-los-hospitales/

5. http://www.sespas.es/adminweb/uploads/docs/Conflicto_de_Intereses.pdf


http://pablovaamonde.blogspot.com.es/
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES