Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As trituradoras da verdade

Otero Canto, Xosé - sábado, 13 de junio de 2015
Cando se aveciña unha mudanza de goberno aparecen as máquinas borradoras do pasado, as trituradoras de papel, monstros aberrantes da ocultación e da mala xestión dos gobernantes que queren transparentar tan só o útil para os cidadáns pero non o inútil, que se supón útil para eles. Utilidade que matinamos como prevalencia da corrupción, vergoña que non deixa a ninguén indiferente, e aínda din cunha hipocrisía inconmensurábel que hai que organizar, que hai que chegar ao cidadán, que non souberon comunicar, que . . .

As trituradoras de papel son a ducha do criminal para borrar o sangue da matanza perpetrada, é unha limpeza de última hora, é un mendo nos calzóns da xestión entre as nubes da mentira, ponse o sol da verdade, a luz da intelixencia acóchase, tápase e úrdese para que a verdade desapareza; sombreiro de copa con ala mexicana agachando as cabezas da corrupción no poder para que fuxa a luz e campee a sombra, a noite e a mentira.

País corrupto pola sombra dos mediáticos do poder ás agachadas, a furto, ao calado, ás escondidas, e acubillando as súas mans para que non queden pegadas nin rastros de sospeita.

Aniquiladores da democracia pola opacidade e tapamento da certeza detrás do valado da mentira e do avesedo lóbrego e sombrizo que se abre tras das trituradoras dos papeis e dos cidadáns, dos dereitos e dos impostos dos pobres.

Estades facendo cachizas, esnaquizando os papeis para que ninguén poida ler, mais nós somos capaces de ler as mans da vida como as xitanas, e sabemos que a liña da democracia nas engurras das mans son un “M”, non de morte, senón de Mordedelas e de Mentecatos Manexadores das Mentes Mentirosas enMendando as súas Miserias.

Benqueridos trituradores votados, agora que sodes botados . . . pensade.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES