Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (64)

miércoles, 10 de junio de 2015
Pensamentos de cando nena sobre a xente con carreira


Cando era pequena, pensaba que os mestres, curas, avogados, etc... xente con carreira, carecían de defectos, pois, como tiñan cultura, debían ser mellores. Nós non temos estudos. Vivimos do entorno da xente sinxela. Só sabemos o que aprendemos coa familia, na escola, o que nos ensinou a vida (que non é pouco). Ás veces, cústame crer as cousas que vexo. Tamén hai persoas con estudos que son moi boas e sanas; pero, outras parecen non ter corazón. Parécelles que os demais son vermiños. Cando a xente sinxela elle máis doado vivir no mundo; pode ser máis feliz e facer a vida máis agradable aos que viven ao seu carón.

Tampouco quero dicir que todos os que non teñen estudos sexan bos. A min fanme pensar; tamén son moi rara.
Cando ía á vila con miña nai, as nenas que falaban o castelán parecíanme máis listas, pois o galego só o falabamos os que iamos das aldeas. E, cando se rían de min chamándome aldeá, alí comprendín a pouca cousa que eran elas. Eran pequenas; non entenderían moito.

A vida tamén ensina moito. Viviches tempos bos, tamén malos. Vas sacando conclusións, aprendendo dos teus erros e acertos. Somos humanos. Sempre queda algo por facer e aprender.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES