Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perfecto de Dios (Memoria Histórica)

miércoles, 10 de junio de 2015
Desde o Preguntoiro: Perfecto de Dios (Memoria Histórica)

O pasado domingo fun convidado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica a Sandiás (Ourense), a un acto simbólico e moi emotivo: o enterro de Perfecto de Dios que xa pode descansar ao carón da súa nai. Os restos daquel mozo de 19 anos guerrilleiro contra o franquismo asasinado pola Garda Civil no ano 1950 ante a mirada horrorizada da súa nai Carme. Os restos foron exhumados o pasado ano pola ARMH e este domingo entregados ao seu irmán Camilo de Dios tamén guerrilleiro naquelas datas.

Perfecto de Dios descansa agora en Sandiás, logo de estar 65 anos enterrado contra o muro exterior dun cemiterio de Ávila, como cidadán español tiña dereito a descansar na súa terra.

A exhumación foi pagada polo sindicato de electricistas de Noruega ELOGIT, o análise do ADN foron realizados de xeito altruísta en Arxentina polo Centro Antropolóxico Forense, xa que neste país non acadaron que se fixera oficialmente. Para máis inri, a alcaldesa en funcións de Sandiás non cedeu o auditorio, e tivo que facerse en Xinzo de Limia. Alcaldesa que leva gobernando desde o ano 1979, onde este ano perdeu as eleccións.

Desde a chegada deste goberno de Rajoy, nada fixo para cumprir a lei da Memoria Histórica, non volveu a convocar axudas. Teñen que vir os de outros países a axudar a recuperar as vítimas da ditadura franquista, unha das grandes vergoñas deste país.

Logo tes que aguantar tanta hipocrisía o ver fai uns días a Felipe VI nunha homenaxe aos republicanos que liberaron París nas II Guerra Mundial, onde aquí seguen milleiros de republicanos guindados nas cunetas, todo asemella a unha película surrealista.

Encanto non apareza ata o último dos desaparecidos e asasinados a democracia non cauterizará. Sen memoria histórica, non hai democracia verdadeira. Temos que lembrar nas vindeiras eleccións para botar fora os que levan 4 anos desobedecendo a Lei de Memoria Histórica.

Grazas a ARMH polo seu traballo. Grazas aos sindicatos noruegueses pola súa solidariedade e grazas a Arxentina pola súa colaboración altruísta.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES