Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estamos chamados a evolucionar

jueves, 11 de junio de 2015
Desde que o ser humano aprareceu neste planeta, sempre foi evolucionando.
Certo que houbo étapas de evolución moi lentas e outras de florecemento rápido.
¿En que etapa estamos agora?
¿En que momento nos toca vivir?
Por pouco que observemos o mundo que nos rodea, -sexa cal sexa a nosa idade e condición social-; temos comprobado que se produciron moitos cambios en moi pouco tempo.
E que se están producindo constantemente.
A vida segue o seu ritmo tanto de día como de noite.
Existen persoas especialmente dotadas para ve-los vieiros que conducen cara a un futuro prometedor:
-A práctica totalidade da poboación é consciente das ventaxas que nos ofrecen as novas tecnoloxías.
-O coche propio préstanos un gran servizo.
¿E canto non mellorou o transporte público?
¿Lembra vostede o tren con máquina de vapor cando o maquinista tiña que ir engadindo carbón?
-As estradas, autovías, vías de altas prestacións e autopistas melloraron moitísimo o transporte de mercadorías por estrada.
-¿É os robots no fogar?
¡Canto traballiño aforran!
¿Lémbrase vostede cando se lavaba a roupa nos lavodoiros públicos?
¿E cando se cociñaba na lareira?
¡Tempiños aqueles..!
-A agricultura, a gandeiría, a mineiría e a industria tamén nos ofrecen moitos adiantos
A industria evolucionou a pasos axigantados.
Hai máquinas que fan moito traballo en pouco tempo.
Ata hai quen di que quitan postos de traballo ás persoas.
E eu tamén penso que algunha razón teñen.
¿Onde quedaron oficios como o das costureiras, os zapateiros, os ferreiros e outros moitos?

Esto da evolución, afecta a todo. Incluso afecta á morte e á industria que xira arredor dela:
-Tanatorios.
-Crematorios.
-Funerais de diferentes estilos…

A evolución produce un cambio constante no motor social.
Por eso ultimamente proliferan moito os museos de todo tipo, pero principalmente os etnográficos e os arqueolóxicos.
A razón está en que é a única maneira de que non quede no esquecemento o proceso evolutivo dos nosos devanceiros e tamén o noso.
Porque ó paso que imos, as nosas ferramentas de traballo ou de estudio, quedarán anticuadas e pasarán a engrosa-los museos para que os nosos descendentes poidan comprobar como foi a nosa evolución na etapa que nos tocou vivir.
Eso significa que temos asumido o noso proceso evolutivo, que sabemos que estamos chamados a evolucionar.
Evolucionar é moi humano; pero conserva-las cousas boas de toda a vida, tamén.
¿Qué lle parece?
¿Non iremos algo acelerados de máis en según que cousas?
A min paréceme que a veces corremos demasiado e esquecémonos de que somos humanos e precisamos ser tratados como tales, non como obxectos nin como máquinas.
Por eso penso eu que debemos conseva-las cousas boas da vida, polas que tanto loitaron os nosos antepasados e nós tamén na parte que nos toca.
¿A vostede que lle parece?
¿Será preciso conserva-las cousas boas da vida, as clásicas, as de sempre..?
“CONSERVA-LO BO DA VIDA”
Este será o título de seguinte artigo.
Moitas grazas polo moito que vostede deixa colaborado a prol da evolución neste momento da historia.
Sabe aproveita-las oportunidades do momento actual.
A min paréceme moi ben, sempre e cando se fagan as cousas con “sentidiño”.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES