Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Eixo Atlántico

lunes, 08 de junio de 2015
Caeu nas miñas mans unha publicación titulada EIXO ATLANTICO, que responde a unha necesidade máis ca a unha realidade histórica, e á que hai que desexarlle –ao Eixo e á publicación- o mellor dos futuros.

Se algunha virtude ten a idea de Europa, é a de aglutinar pobos para conseguir unha forte presenza nun mundo cada vez mais globalizado, eliminando barreiras e xuntando persoas que en tempos pertenceron a países, a mundos, diferentes,

E con grupos afins deses outrora mundos diferentes poden contruirse novas unidades, con intereses propios e realidades mellorables, para traballar conxuntamente. E aí xorde o Eixo Atlántico, para conformar unha comunidade de intereses, de realidades, de igualdades, entre territorios e ciudades de Galicia e Portugal, que teñen como nexo común estar asomadas ao océano Atlántico.

Galicia e Portugal sempre estiveron lonxe, porque a “raia” era profunda e longa, e só era posible sorteala na clandestinidade ou en escasos contactos nunca facilitados polos reximes autoritarios; e lentamente ampliados cando a democracia se instalou a unha e outra beira do río Miño.

O Eixo Atlántico, polo de agora, arrancando de unha entelequia, chega a ser unha ilusión, e no futuro pode e debe ser unha realidade fermosa e produtiva. Só depende de que as institucións de ambolos dous lados da xa inexistente fronteira sigan afondando nunha tarefa interminable que vai ser rendible para todos, todos.

Na xa inexistente Galicia rural da nosa mocidade daba gusto oir cantar os eixos dos carros do país, refregándose contra as traitoiras… Era sinal de que ían moi cargados, de pan, de patacas, de comida para o gando… Aos que saiban escoitar o canto deste novo Eixo Atlántico no futuro, simbolizando cargamento de bens para galegos e portugueses poderán sentir algo parecido –aínda que ninguen saiba explicalo con detalle- ao que sentíamos os humildes de hai medio século cando intuíamos enchentes en tullas e arcas para tranquilidade de mantenza no futuro máis inmediato.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES