Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ocio accesible

miércoles, 10 de junio de 2015
O pasado mércores levei unha alegría ao chegar ao cine e ver que debaixo da gran pantalla había outra máis pequena na que ían subtitulando o guión da película. Non só o facían coas verbas dos protagonistas senón que despois destas, entre paréntese poñían o ton co que os actores e as actrices falaban. Pareceume unha iniciativa única que leva a cabo a Fundación Orange mais indagando en internet descubrín outras como a lectura de audiolibros ou películas adaptadas para persoas con diversidade funcional auditiva ou visual. Estas derradeiras son moito máis descritivas e precisan dunha voz permanente que narre a acción.

De novo facer un mundo accesible e, polo tanto, inclusivo, é unha fonte de emprego imprescindible por exemplo para os actores. Esta é unha gran labor que non podemos deixar de facer e que supón o reto de contar con todas e todos para todo. Un mundo accesible non é un luxo para minorías senón unha garantía de futuro para toda a sociedade xa que hai que decatarse de que a evolución da vida leva consigo un risco superior a pasar por unha fase de diversidade funcional ou dependencia. Por iso temos que comprender que cando se fala de accesibilidade universal, fálase dun mundo que non só se ocupe do presente senón que preveña as posibles adversidades do futuro. Aínda que non nos demos conta, a inversión en accesibilidade repercute na totalidade da sociedade xa que nos prepara para os declives inevitables da vida.

Investir en ocio accesible é investir nun futuro que se pon á altura de cada man para facilitar a vida ata os seus derradeiros momentos. Unha sociedade que comprende isto é unha sociedade avanzada, previsora, solidaria e coidadosa de si mesma. Un garante de futuro digno de ser legado. Parabéns á Fundación Orange.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania