Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

75 anos do voto feminino

lunes, 22 de mayo de 2006
Celébranse os setenta e cinco anos do voto feminino en España, case como por cumprir. E deixámolo pasar sen pena nen groria.
Quizais ocorre porque as cousas son importantes mentras non se conseguen, e en canto as temos xa deixan de ser conquistas, e deixan de ter a mesma importancia.

Parece como se o dereito ó voto por parte das mulleres fose algo tan obvio que non houbese necesidade de loitar por él, pero foi a comezos dos anos trinta cando España viviu esa época revolucionaria – coincidente coa revolución social propia da época- na que os votantes (desde entón tamén “as” votantes) se duplicaron en España.

Foi unha importante etapa superada, unha irrenunciable conquista social, que tiña detrais innumerables antecedentes, como foron non moito tempo antes a xeralidade do voto ós homes maiores de idade e non só ós rendistas, propietarios ou profesionais liberais.

Estamos situados nun tempo no que nos parece que determinadas cuestións están consolidadas desde hai moito, no que damos por feito ou por seguro coñecementos ou logros que os nosos avós –e moitas veces os nosos pais- non puideron disfrutar. Porque as ciencias adiantarían “unha barbaridade”, pero tamén as letras, as liberdades, os coñecementos... ¡nós!, individualmente e como colectivo.

En Montenegro, veñen de votar sobre a súa independencia como pobo. Gañaron os independentistas, cousa que non é extraño porque prefiren ser cabeza de rato que apéndice de Serbia.
¿Quen se atreve a supor o resultado dunha consulta así no Pais Basco?¿E en Galicia?. Non porque sexamos independistas vocacionais, senón porque todo resultado depende en boa parte de cómo se formule a pregunta.

Desde hai 75 anos, e máis modernamente co adianto da idade legal, temos completo o censo de votantes. Calquera outra situación sería unha aberración.

Agardemos que, paso a paso, logremos a normalidade da nosa vida política e social, e que celebracións coma esta resulten cada vez máis obsoletas porque a forza da liberdade as deixou esquecidas para sempre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES