Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un de nós

viernes, 05 de junio de 2015
Un de nós, calquera de nós, cando olla arredor, olla tantas vidas como persoas que arrastran cadanseu a súa vida pendurada ás costas, como un saco pesado que vaise enchendo decotío.

Tamén cando olla, calquera de nós, ve tantas realidades como pares de ollos que miran. Abonda cun pestanexo e pasamos da realidade do soño a realidade consciente; un chouto que ao consideralo cun anaco de fondura, diríamos que é un chouto case sideral, este pasar do onírico ao existir máis palpable. E esta cousa incrible, facémola todos os días. Como se nada.

Por iso cando oímos que os físicos nos falan dunha física cuántica, na que é posible que existan varias realidades paralelas, despois dun intre de perplexidade, algo, poida que fraguado no mundo dos soños, nos di que iso tan incomprensible, ten visos de entenderse, se non lle damos máis voltas que ese chisco que aluma, súpeto e sen pensar, e deixamos ceibe a intuición, case que diriamos pre científica.

A parte contén o todo. Nunha area da praia está rexistrado o nacer xeolóxico do primeiro estalido do bing bang. E dentro de cadaquén fica o resumo do universo. Así que cada coñecemento é un descubrimento; porque América sempre estivo aí, na cartografía mental que era e é unha copia da cartografía do globo terráqueo e poida que do universo enteiro. Mesmo a cartografía non deixa de ser un xeito de delimitar, dentro duns límites precisos, medidas arbitrarias

E xa que, postos a cartografar, ata Freud tentou cartografar o subconsciente no seu sistema P. Somos deste xeito, e cando collemos carreira...

Cando ollas como asenta o po da poeira electoral, notas como actúa a gravidade universal e que Newton tiña razón. Por se alguén dubidaba, que sempre hai incrédulos. E aquí estou a pensar no señor Rajoy e no seu partido o P.P. que están a negar a realidade visible por outra realidade aparente, que como na teoría das cordas, que din os físicos, vive a súa realidade paralela, onde, de xeito idílico, xa non hai paro, nin pobreza e os paxariños cantan píopío.

Pero, Ai! a gravidade universal, a física clásica, aínda segue a rexer os destinos das xentes, e cando unha mazá cae da maceira ao chan, unha man, neste caso a de Newton, descobre o que calquera cerebro do máis humilde aldeán sabía; máis non era quén de formular. Pero o señor conde non, o señor non quere saber.

Cando saibamos tanto da mecánica cuántica, de como move os fíos das múltiples realidades, entón, en algún Rajoy , e noutros, que deberían vivir e habitar a real realidade, e saber que toda política ademais de moral, tamén é pragmática, podían descubrir esa realidade que conforma e xustifica a súa miopía.

E é que a realidade é un lugar estraño para habitar, hai que prefire a lúa.
Catoira Rey, Rafael
Catoira Rey, Rafael


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES