Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As esferas nos libren dunha maioría absoluta

viernes, 05 de junio de 2015
Absolutismo dos reis, da monarquía absoluta-obsoleta, despotismo sen límites nin restricións que non tolera ningunha oposición, autosuficiente ser enfermizo e mórbido do poder, abano de apisoadoras para alcanzar e premer aos cidadáns, canóns sen retroceso e tanques blindados con cadeas esmagando e machucando aos seres humanos na guerra da democracia mal entendida e vendida como papeletas en urnas de solución, matarratas dos desexos duns poucos bebendo do elixir acaramelado e melifluo do omnímodo poder, que recordan dedicatorias dun “ al muy Prepotente Don Juan el Segundo”.

As maiorías absolutas gañan en poder e perden en pensamentos, son os oídos xordos dun pobo que berra, rozadora da ilegalidade brindando ao sol cos eufemismos da memoria entre mentiras enxeñosas, semellando habelencia e lixeireza. Catástrofe irremisíbel dunha compra-venda publicitada pola banca e as empresas dun neoliberalismo atroz, que busca manter a poltrona, barrelo da corrupción instigada polas cadeas de transmisión dos poderosos.

O pobo maduro procura diverxencias na solución dos problemas acometidos de formas diversas e varias, porque a verdade e multiforme e heteróclita na concepción dos remedios, e por iso, pregámoslle ás esferas do universo que nos libren dunha maioría absoluta . . . e viron as esferas que as minorías eran boas . . . e fixo deus as eleccións municipais do 2015.

Benqueridas maiorías, non me fagades caso, mais . . . pensade.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES