Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Superando medos

jueves, 04 de junio de 2015
Unhas persoas con máis e outras con menos, pero todas, absolutamente todas nos encontramos con dificultades na vida.

Vexamos:
CANDO TOCA DAR UN PASO IMPORTANTE NA VIDA como pode ser un cambio de profesión, unha nova convivencia, irse a vivir a outro lugar, subirse por primeira vez nun barco ou nun avión, poñerse ó corriente coas novas tecnoloxías…
CANDO TE ENCONTRAS ANTE UNHA NOVA PROFESIÓN, vas con entusiasmo pero tamén con medo de non facer todo como tiñas pensado.
Grazas, que dos erros de principiante non se salva ninguén, e tamén se aprende.
CANDO DECIDES EMPRENDER UNA NOVA CONVIVENCIA é porque antes xa o pensaches moito e xa superaches moitos medos.
CANDO TES QUE IRTE A VIVIR A OUTRO LUGAR, todo é descoñecido para ti.
Todas son precaucións. Todo son medos.
Pero conforme vas collendo confianza coas persoas que tratas cada día, os medos van desaparecendo.

¿E QUE ESTÁ PASANDO COAS NOVAS TECNOLOXÍAS?
¿Cantas persoas se mostran reacias a facer uso delas?
Entre a poboación en idade adulta e senil, moitas.
¿Por qué?
Porque teñen medo de non dar aprendido.
Porque pensan que se toda a vida se amañaron sen elas: agora tamén.
Porque teñen medo en excederse en gastos. Etc, etc.

¿E QUE PASA CANDO CARECES DE RECURSOS ECONÓMICOS PARA PROSEGUIR ESTUDIOS?
¡Cantos talentos se perden por ter medo a non poder pagalos!
¡E cantos talentos saen adiante apretando duro os cábados, privándose doutras cosas e aproveintando ata o límite tódalas posibilidades habidas e por haber!
¿Onde está a diferencia?
No primeiro caso teñen medo e quédanse.
¡Como se a vida lle resultara máis cómoda sendo máis ignorantes!
No segundo caso, vencen os medos e buscan recursos debaixo das pedras, se fai falta.

ANTE A PÉRDIDA DUN SER QUERIDO…
Unhas persoas afúndense na tristura e pensan que todo está acabado para elas.
Amárganse e amargan ós que están ó seu carón.
Outras consideran que a vida segue e que teñen que loitar por saír adiante mentres están porque eso mesmo é o que lle gustaría que fixeran, a persoa que tivo que partir.

E CANDO SE TRATA DE PROBLEMAS DE SAÚDE:
Hai persoas que caen nunha depresión e a súa saúde aínda empeora.
En vez dunha enfermidade teñen dúas e complican máis a propia vida e a da familia.
Outras, aceptan, asimilan que a enfermidade forma parte da vida e loitan todo o que poden por superarse, e se non poden máis, entréganse con digndade.

A vida ponnos moitos obstáculos.
Preséntanos moitos medos
Eso ninguén o pon en dúbida; pero superando medos a vida faise máis levadeira.
Afortunadamente existiron e existen persoas moi exemplares que nos animan a ir superándonos.
Non temos máis que botrar unha ollada ó noso carón para comprobar como moitas persoas en peores situacións que a nosa, son capaces de sorrir á vida e vense felices e contaxian felcidade.
Desas persoas temos moto que aprender, porque:
“ESTAMOS CHAMADOS A EVOLUCIONAR”
Este será o título do vindeiro artigo.
Moitas grazas polos medos que deixa superados ó longo da vida a favor do seu propio benestar e do da humanidade.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES