Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cintos nos autobuses

viernes, 19 de mayo de 2006
Parece de perogrullo, pero ata agora non era obrigatorio.

Nos avións, en canto se suben os pasaxeiros, hai que colocar o cinturón que é obrigatorio nos despegues e aterraxes, e aconsellable no decurso de toda a viaxe.

Nos vehículos automóbiles é obrigatorio na estrada e na cidade, e deberíamos supor que a totalidade dos conductores están xa mentalizados da absoluta necesidade de levalo colocado en tanto o coche está en movemento.

A realidade non é así, e cando saen a relucir cifras de mortos nas estradas resulta que practicamente a metade dos mortos non levaba colocado o cinto. Algo falla na relación entre o ser humano e a máquina, e entre esa conxunción e o resto do mundo, cando voluntariamente se prescinde dun elemento de seguridade que se evidencia moi válido para a supervivencia.

Por fin se declara a obrigatoriedade do cinto nos autobuses, e agárdase que sirva de algo. Porque os accidentes destes grandes automóbiles son poucos, pero cando se producen teñen resultados atroces.

Quizáis esta é a única solución, polo de agora. A prohibición ou o mandato directo sobre determinados aspectos da conducción. En tanto non se logre a axeitada formación dos conductores, ben están as ordes directas.

A solución será a largo prazo. A educación é a única fórmula. Pero esto só funciona co paso do tempo e a formación de sucesivas promocións de estudiantes.

O cinto dos autobuses é só un paso na loita contra as mortes na estrada. Ben dado, por certo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES