Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (63)

miércoles, 03 de junio de 2015
A sesta na Galicia rural, no tempo da calor

No verán, a xente do campo madrugaban para que os animais e as persoas non pasaran moita calor. Antes do mediodía, recollían as vacas por culpa dos tabaos. As mulleres facían o xantar. Outro collía as cereixas para comer antes da comida. Tamén se daba o xantar aos animais, como porcos, etc...

Despois de xantar, botábase a sesta. Aos nenos non nos gustaba, pero facíannos ir con eles descansar.

No inverno, non se descansaba a mediodía, pois os días eran curtos. Agora, non hai tempo para nada. A xente está a mirar a televisión. Recordo cando, pola tarde, iamos sachar o maínzo, as patacas ou a horta.

Mamá sempre nos traía a merenda. Comiamos á sombra das árbores. Traía patacas con repolo; por enriba, un refrito de pemento, con un pouco touciño, que andaba escaso. Agora, ninguén o quere. A merenda sabía moi ben, e descansabamos. Comer no campo é moi bonito.

Cantas sombras se perdían aos lados das leiras! Pois, traballando, facía moita calor. Aínda hoxe, despois de sesenta anos, recordo os recunchos, as árbores que nos daban sombra para merendar, en compañía da xente
que tanto quixen: meus pais, meus irmáns, todos cos que me criei. Foi toda unha nenez e xuventude. Agora, xa só quedan os recordos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES