Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Consideracións sobre o Santuario do S. Alberto (II)

jueves, 18 de mayo de 2006
Consideracins sobre o Santuario do S. Alberto (II) 5.3. O RITUAL DE POÑER O SANTO
Este ritual consiste en que o párroco de S. Breixo e un fregués da parroquia realizan unha cruz por riba da cabeza dos devotos con senllas imaxes pequenas do S. Alberte, mentres recitan as seguintes xaculatorias:

“El Señor te bendiga
y te guarde,
ilumine su rostro sobre ti
y te conceda la paz. Amén”.

“S. Alberto bendito,
che quite a enfermedad,
che dé a sanidad,
polo poder que Dios ten. Amén.”

Como xa indiquei, outrora unha petición básica dalgúns romeiros era a de protección contra os espíritos malignos. Nesta circunstancia o poñente pronunciaba a seguinte oración:
“S. Alberto Magno
te libre de espíritus malignos
y de enredos del demonio. Amén”.

5.4. O RITUAL DE CONTACTO COA IMAXE ESTÁTICA
Un bo número de devotos tocan cos seus panos o manto do santo e da Virxe da Divina Pastora, e logo pásanos pola cara e outras partes do corpo cunha finalidade profiláctica e curativa.

5.5. O RITUAL DA PROCESIÓN
Logo da misa solemne, sae a procesión que percorre o perímetro do santuario. Nela intervén a imaxe do S. Alberte, que é levada nas andas por devotos ofrecidos de ámbolos dous sexos. En circunstancias habituais, tamén sae a imaxe da Divina Pastora, que celebra a súa festividade no mes de Agosto.

5.6. RITUAIS DA AUGA E DA TERRA
O carón do santuario hai unha fonte, de estilo renacentista, da que bastantes devotos beben a súa auga e lévana en botellas para as súas casas. Algúns lavan as súas mans e a súa cara. En consecuencia e claro que o ritual e profiláctico e curativo.
Ademais, desta auga beben moitos cativos como protección e remedio das doenzas da fala.
Algúns devotos levan do interior do santuario unha pouca terra, bendicida polo crego, para botala nas terras de labor e cortes dos animais. Ritual profiláctico e fecundante.
Por outra banda, os devotos ofrecen un número considerable de misas -aproximadamente unhas duascentas-. O seu prezo era de cincocentas ptas. no ano 1993, e de sete euros no 2005.
Candeas e velóns, que se colocan nun “portavelas”, que se atopa na parte dereita da nave..
Esmola en metálico, ó poñer o santo, nas boetas que se atopan na capela, e no transcurso das distintas misas.
Exvotos de cera, que simbolizan ó corpo humano, total e parcialmente, e a diferentes animais, de raza cabalar, porcina e vacuna.

6.- FEITOS TRANSCENDENTAIS
“Cóntase que o día da festa do S. Alberte acudiu un devoto que traía un bastón na súa man. Entrou no santuario e estivo mirando durante certo tempo para a imaxe do santo, na que se percibía a éste suxetando cunha cadea ó demo. Logo acercouse a ela e mirando cara o lugar onde se encontraba o diabo díxolle: ¡Desgraciado, que fas¡ ¡Baixa dese lugar¡ Ó mesmo tempo deulle co bastón que levaba. Hai outra versión que di: “que o bastón quixollo meter na boca”. De improviso, quedouse xunguido ó maléfico polo bastón. Algúns devotos e familiares que estaban o seu caron tiraban del, maís non o daban desligado. Polo tanto, decidiron ir a sancristía a chamar polo crego, que veu cun libro de desconxuros. Din que estivo case hora e media leendo cousas que ninguén conseguiu entender, ata que, paseniño, o home logrou soltarse recuperando a normalidade”.

“Hai moitos anos, un paisano, emigrante nun país hispanoamericano, veu de vacacións ó lugar de orixe de seu. O día do San Alberte, acudiu á romaxe lucindo unha vistosa cabalería coa que entrou na capela. Esta actitude, propia dun fantoche, deu lugar a que varios devotos lle obstaculizasen o paso tentando por tódolos medios posibles que sacase a cabalería do recinto sagrado. Non embargantes, non foi posible xa que o animal estaba inmóvil. Perante tal circunstancia, o párroco da freguesía fixo unha rogación ó santo, estando presentes un bó número de devotos. Isto motivou que logo o animal puidese moverse e ser sacado da capela”.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES