As aldeas
Castro González, Francisco - martes, 02 de junio de 2015
A xente vaise das aldeas cara as cidades por diversas condicións que atopan nas cidades e que as aldeas non lles ofrecen. A primeira é a de atopar un traballo que requira menos esforzo ca o da aldea, o segundo e a escolarización dos nenos nun colexio con quizáis maior nivel, ou simplemente porque nas aldeas non hai colexio e as persoas terminan marchándose a vivir ás cidades, e o terceiro é que nas cidades téñense moito máis preto os comercios por se queres comprar roupa ou alimentos e incluso aparellos económicos, é dicir as cidades teñen maior cantidade de recursos económicos e ofrecen mellores condicións de vida cás das aldeas, aínda que toda a economía dunha cidade ten como base as aldeas. Así que se non houbera xente nas aldeas as cidades perderían moitos recursos, e por iso penso que sempre ten que haber xente nas aldeas, porque estas son a base de toda a comunidade autónoma.
As cidades ofrecen mellores condicións cás aldeas, pero non se debe olvidar nunca os orixes dun, e é que se non fora polas aldeas esta sociedade non estaría como agora está.

Castro González, Francisco
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora