Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De dioceses e de bispos

lunes, 01 de junio de 2015
Cinco días da semana resido na diocese de Lugo, e dous na de Mondoñedo-Ferrol, sen que note o cambio pola pertenza a dúas circunscricións relixiosas establecidas hai séculos.

Na de Mondoñedo-Ferrol, quedámonos temporalmente sen bispo, que o que tiñamos desde hai dez anos `procedente de Palencia é trasladado pola autoridade competente a Santander, sede vacante ao nomear para Zaragoza o titular daquela diocese.

Digo eu que sería a autoridade competente porque Monseñor Sánchez Monge tense pronunciado en sentido que non deixaba entender que quixera irse de Mondoñedo. E como aquí desempeñou as súas función axeitadamente, procurando entender e atender os problemas da xente, cabe supoñer que este traslado é un ascenso, e que a diocese de Mondoñedo-Ferrol será como “de entrada” para posteriores ascensos.

Seguro que na curia terán razóns que xustifiquen estes cambios, razóns que nunca saberemos, pero aos que andamos entre a xente parécenos que un bispo podería envellecer tranquilamente entre os curas, fillos espirituais seus, coñecéndose e estimándose cada día máis éntreles e cos feligreses todos. Xa non digamos se os bispos fosen da propia terra, elixidos entre os nosos cregos, que hai moitísimos que merecerían vestir de vermello. Pero xa dixen que Monseñor Monge se portou como se fose galego de nación.

Porque os cregos do país, se non queren emigrar, están moi ben no país, na terra que elixan, e nela botar raíz, e coñecer e querer á xente; e que a xente os coñeza e os queira. E que se esqueza dunha vez por todas aquela teoría de Monseñor Gea –valenciano en Mondoñedo, agora nas misións- de que aos curas había que cambialos de destino de cando en cando, para que non botasen raíces, en inhumano trato a persoas que tamén teñen dereito a unha vida nun determinado lugar, onde poderán dedicarse –moito mellor ca na itinerancia- a servir aos demais.

Supoño que a Monseñor Monge, cando o nomearon, non lle preguntaron se querìa vir para Mondoñedo, e agora tampouco se gustaría ir a Santander. Ou si. E aos diocesanos, ¿hásenos de preguntar algunha vez?.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES