Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Consideracións sobre o Santuario do S. Alberto (I)

jueves, 18 de mayo de 2006
Consideracins sobre o Santuario do S. Alberto (I) Consideracins sobre o Santuario do S. Alberto (I) 1.- LOCALIZACIÓN
O santuario está ubicado no lugar do S. Alberto, pertencente á parroquia do S. Breixo de Parga, municipio de Guitiriz, diócese de Mondoñedo-Ferrol. O seu carón pasa o camiño xacobeo do norte, que a nivel provincial procede da vila de Ribadeo, e transcorre por unha serie de concellos como Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Begonte e Friol.

2.- RASGOS ARTÍSTICOS
Este recinto sagrado, segundo manifesta Santos San Cristóbal, é unha capela gótica do século XIII. Consta dunha nave e unha capela maior cadrada, que está cuberta cunha bóveda de oito nervios. Os capiteis, de gran importancia escultórica, foron decorados con harpías, temas vexetais e cabezas humanas. Na súa parte exterior, hai oito grandes contrafortes. A fachada principal é do século XVIII. Ten unha porta cun arco adintelado. No presbiterio, hai unha importante talla de madeira, de estilo gótico, representando a S. Alberto.

3.- FESTIVIDADE E PROCEDENCIA DOS DEVOTOS
Normalmente a festividade do S. Alberte celébrase o terceiro domingo do mes de maio. Nos anos que se conmemora o cuarto domingo do devandito mes é debido a que o terceiro domingo hai feira en S. Estevo de Parga, entidade de poboación importante no ámbito do concello de Guitiriz. Nestes días acude ao recinto sagrado senté procedente de municipios lucenses como Abadín, Begonte, Guitiriz, Xermade, Vilalba e Lugo, e coruñeses como Aranga, Betanzos, Curtis, Cesuras, Oza dos Rios e Teixeiro.

4.- PETICIÓNS
Noutrora viñan devotos ofrecidos coa finalidade de que o santo lles librase do “meigallo”. Na actualidade, acoden por doenzas humanas, algunhas ligadas coa fala dos cativos -tatexos-. Tamén por doenzas de animais de raza cabalar, porcina e vacuna.

5.- PROMESAS
Xeralmente os devotos cumpren as promesas despois de que o santo lles concedeu as peticións requeridas. Nalgúns casos, éstas lévanse a cabo cando os fieis solicitan a intercesión do santo perante un problema determinado. Éstes cumpren cunha serie de rituais, que se realizan no santuario, a saber:

5.1. A CELEBRACIÓN DE MISAS
Antano o sábado anterior á festividade do S. Alberto celebrábase unha misa en protección do gando. Na actualidade, o día da festividade celébranse misas dende as nove da mañá ata a unha e media, intre no que se oficia unha misa solemne, na que participan varios cregos de freguesías limítrofes. Polo serán tamén se celebra unha misa.
Por outra banda, tódolos domingos e festivos do mes de maio, ofíciase unha misa no devandito santuario.

5.2. O RITUAL DE CIRCUNVALACIÓN
Algúns devotos ó chegaren ó recinto sagrado dan unha ou maís voltas ó redor do mesmo, de pé e nalgúns casos de xeonllos. Levan nas súas mans candeas e figuras de ceras.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES