Atención a Internet
Editorial - martes, 16 de mayo de 2006
¡Estamos aquí!
Internet tivo en 2001 unha fortísima crise de identidade onde caeron moitas torres, outras salvámonos, e a consideración xeral sobre a Rede sufriu un duro golpe.
Pero o que parecía debilidade dun sistema atacado no máis profundo da súa esencia resultou ser a súa victoria.
E aquí está Internet, nos comezos do século XXI, para evidenciarse como o medio do século, o medio por excelencia.
Pola Red circula o dato: Durante o primeiro trimestre deste ano, os medios dixitais superaron os 12 millóns de lectores, mentras que a prensa de papel, en declive, está por baixo dos 15 millóns.
Os xornais hai que mercalos, e cada vez son máis caros. A Rede é gratuita, está aberta a todos, e ten alcance mundial.
Polo que a Galicia Dixital se refire, en decembro de 2003 tiñamos un promedio de 2.080 visitas diarias, que evolucionaron a 3.650 no mesmo mes de 2004, e 6.482 no 2005. En marzo de 2006, o promedio foi de 10.998. O 19 de abril superamos por primeira vez as 14.000 visitas nun día (14.677). E a vida segue.
Atención, pois, a Internet. ¡Estamos aquí!.
Aínda que a prensa escrita nos ignore. Aínda que os gobernos nos teman pola libertade e a imposibilidade de controlarnos. Aínda que teñamos dificultades, Internet é libre e defende a liberdade; informa en xeral con tanta profesionalidade como o poidan facer os medios tradicionais. E con absoluta inmediatez.
Somos medios libres que cada día incidimos máis na sociedade. Vostede, que nos visita, é a proba.
Atención, pois, a Internet. ¡Estamos aquí!. 17 de maio, Día das Letras Galegas, é o Día de Internet. 2006 é o ano de Internet. O XXI é o século de Internet.
¡Conten connosco!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora