Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convertindo os problemas en solucións

jueves, 28 de mayo de 2015
Unhas persoas nacen en familias ricas, outras en familias pobres; unhas na cidade outras no campo; unhas en países desenrolados e outras en países en vías de desenrolo…
¿Certo?
Pero nazas nas circuntancias que nazas xa empezas a ter problemas desde os primeiros días de vida:
-Que se as vacinas.
-Que se os dentes que nacen.
-Que se aprender a andar…
Así toda a vida.

E conforme imos indo cada vez atopámonos con obstáculos máis difíciles.
Unhas veces superámolos con certa facilidade, outras con moita máis dificultade; pero do que se trata é de dá-la solución máis axeitada a cada un dos problemas que se nos van presentando ó longo da vida.

UNHAS PERSOAS AFÓGANSE NUN VASO DE AUGA, OUTRAS ATRÉVENSE A CRUZAR RÍOS E MARES.
¿Por qué reaccionamos de maneira diferente ante un mesmo problema?
Cada persoa ten a súa propia sensibilidade, a súa propia personalidade, as súas circunstancias persoais; pero …
“¡O medo!”
¿Qué pasa co medo?
¿Existe o medo?
¿Está dentro ou fóra de nós?
¿Quen viu o medo?
Supoño que ninguén.
¿Ou vostede, si?
Eu nunca o vin.
O que si me pasou foi estar en situación difíciles que me poñía medo superalas.

REALMENTE PODE SER UNA REACCIÓN DE AUTODEFENSA, NESTE CASO É UN BO REMEDIO FRONTE A MALES QUE NON NOS CONVEÑEN.
PERO TAMÉN PODE SER UN GRAN OBSTÁCULO:
-Un bebé ten medo de perder o contanto físico coas persoas máis próximas e por eso se agarra con tódalas súas forzas cando alguén quere soltalo do colo. En condicións normais non tería motivo, pero…
-Un estudiante ten medo ante un exame. Se o ten ben preparado, non tería porque terlle medo, pero…
-Unha persoa adulta ten medo a mil cousas e por eso moitas veces non se atreve a facer cousas que lle beneficiarían.
-E un ancián a outras tantas ou máis porque a vida vaille poñendo límites ás súas forzas.

¿CÓMO PODEMOS SUPERA-LO MEDO?
Cada persoa ten a súa propia fortaleza, a súa formación, as súas conviccións morais ou relixiosas, as súas propias estratexias.
O certo é que a vida vainos preparando para superar obstáculos. Superar un, dános forza para supera-lo seguinte e así sucesivamente.
Do que se trata é de converti-los problemas en solucións.
A MAIOR NÚMERO DE SOLUCIÓNS; MENOR NÚMERO DE PROBLEMAS SEN RESOLVER.
A veces as solucións caen polo seu propio peso co paso do tempo; outras hai que empuxarlles con canta máis forza, mellor.

En calquera caso a humanidade leva superado infinidade de medos:
-Cando o ser humano descubriu o lume, tivolle moito medo.
Logo que descubriu a súa utilidade, precaución si, pero medo ningún.

-Cando chegou o butano, había persoas reacias a usalo por medo a una explosión.
Hoxe en día, ninguén lle ten medo.
Outro tanto pasa con calquera gas inflamable.
As debidas precaucións, si; pero medo, non.

-Noutros tempos a tos ferina era una enfemdade moi temible; hoxe penso que está erradicada.

-Cando chegaron ás nosas vías públicas os primeiros coches xa escapábamos cando oíamos un coche ó lonxe.
Hoxe por veces ata chegamos a abusar da confianza, que tamén é un problema.

-Cando subimos a primeira vez a un avión, non as levábamos todas con nós.
Agora xa é un pracer poder trasladarse rápidamente a miles de quilómetros.
Que de tanto en tanto se produce alguna catástrofe, si; pero a vida segue e hai que confiar que non volverá a suceder.

-Cando chegaron a novas tecnoloxías ás nosas mans, tiñamos medo de avarialas ou a mete-la pata.
Hoxe xa as consideramos como una ferramenta de suma utilidade.
Outra cousa é o abuso ou o mal uso, que está mal en calquera circunstancia da vida.
Todo é bo, usándoo racionalmente.

QUIZAIS DEBERAMOS PENSAR QUE SEGÚN NOS FOMOS HABITUANDO A TODO CANTO DE NOVO NOS PRESENTOU A VIDA, IGUALMENTE SEGUIREMOS FACENDO CO QUE VAIA APARECENDO.
Será cuestión de vencer medos e máis medos e tódolos medos que se nos vaian presentando; porque a fin de contas; o interesante é vivir disfrutando do bo que nos presenta a vida.
Do que se trata é de superar todos aqueles medos que nos impidan medrar como persoas e como cidadáns do mundo.

“SUPERANDO MEDOS” será o título do seguinte artigo.
Antes de despedirme que darlle as grazas por terlle dado solución a infinidade de problemos; moitos na súa propia vida, outros moitos a nivel familiar e outros moitísimos de relevancia social.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES