Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (62)

miércoles, 27 de mayo de 2015
As feiras en Galicia a mediados do século XX

Nos anos corenta, sendo nena, ía con miña nai á feira da Viña. Habíaa tres días no mes: o seis, o quince e o vinte e catro. A xente das aldeas de arredor levaba a vender ovos, galiñas, patacas, fabas, queixos, trigo, etc... Todo o que lles sobraba (e non só o que sobraba).

A feira era unha extensión grande. A un lado, estaba a praza das mulleres, coas súas paxetas. Noutro lado, o gando: ovellas, porcos, vacas, cabras, etc. En fronte, estaban as que viñan vender teas, fíos, xabón, calcetíns. Os labregos, en canto vendían os seus produtos, ían comprar ás tendas que viñan da cidade, de Ferrol, Coruña, Betanzos.

Tiñan que baixarse do coche grande na estrada principal (na Rampla). Logo, había mulleres que carretaban a mercancía do coche á feira, e da feira ao coche. Pagábanlles quince pesetas por viaxe, aproximadamente.

As tratantas compraban na feira para vender na cidade.
Antes, non había supermercados. Arredor da feira, había casas que tiñan ultramarinos. Tamén facían comidas. Se a feira cadraba o sábado ou domingo, no inverno, había festa no salón. Se era no verán, na pista. Tamén había cine. Daba moita vida.

Hoxe, as feiras fóronse acabando. Hai outra maneira de vivir. Outro personaxe importante era o “contador de historias”, pois descubría os enredos da xente coñecida. Vendían as historias que el cantaba. Sempre tiña arredor del moita xente. Había que ter coidado coas carteiras. Naquel tempo, xa había carteristas.

Desas vivencias, xa non queda nada, somente os recordos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES