Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Veñen tempos novos de facer política

viernes, 29 de mayo de 2015
Desde o Preguntoiro: Veñen tempos novos de facer política

Temos que tomar nota da lectura destas eleccións municipais, onde os cidadáns dixeron nas urnas que comeza o principio dunha nova forma de facer política, o principio do fin do bipartidismo.

Escoitando onte a Pedro Sánchez da a sensación de que o PSOE non perdeu 775.000 votos, e o PP máis de dous millóns e medio. Ou sexa, entre os dous partidos preto de tres millóns trescentos mil votos.

Pedro Sánchez estivo moi pouco prudente ao falar que o PSOE gañou en resultados, penso que entre os baróns da cúpula do PSOE aínda non se dan conta que a cidadanía doulles un voto de confianza sen maiorías. Coido que esa falso triunfalismo lles pode saír o tiro pola culata senón analizan ben estes resultados. Como dixo onte un socialista de moita tradición de Vilagarcía, un home que coñezo desde aqueles tempos da “longa noite de pedra”: “...o PSOE nestas eleccións saíu coxo, manco e torto, isto de crear triunfalismo pode ser nefasto...”

A cidadanía lles dixo moi ben que hai outra forma de gobernar, outra maneira de facer política, ou estase coa xente do común, ou estase coa banca e IBEX35. Hai que contar con todas as forzas da esquerda para facer ese fronte común á corrupción, pobreza, rescate da cidadanía, leis represivas ditatoriais e o estado do benestar. Trocar a soberbia pola humildade, a prepotencia polo diálogo e o sentido común.

Este novo “municipalismo democrático”, xa está desafiando a esa linguaxe do politicamente correcto convencional, cousa que aínda o está reproducindo os medios de comunicación, inclusive obviando a formacións políticas de esquerda, sen darse conta que veñen outros tempos, que esa política vella e rancia vaise apagando, que vaian tomando nota.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES