Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Construíndo Galicia

martes, 26 de mayo de 2015
Tódalas persoas que ó longo dos tempos vivimos e traballamos en Galicia fomos, pouco a pouco, construíndo a Galicia que temos hoxe en día.
Unhas persoas fan traballos físicos, outras traballos sociais, outras traballos culturais, outras traballos científicos, outras traballos literarios, outras enchen os mosteiros de vida contemplativa, outras…
Todas colaboramos, dun xeito ou doutro para o sostemento e engrandecemento do noso país.

Unhas destacan en colectivos:
-Como o colectivo labrego que produce a mellor carne e o mellor leite de España e e compárteos cos restantes colectivos.
-Como o colectivo mariñeiro que saca das augas mariñas os mellores peixes e os mellores mariscos.
-Como o colectivo textil que neste momento vai á cabeza de España

Pero…
-¿Qué sería de Galicia se non houbera persoas que se dedicaran ó traballo intelectual?
-¿Que sería de Galicia se non tivera científicos e investigadores?
¿Qué sería de Galicia se non tivera escritores de renome universal?
É ben doado deducir que seríamos un país traballador, pero non só de pan vive o home; tamén precisa alimento intelectual e espiritual.

Un país con identidade propia como é Galicia ten a súa lingua propia, ademais da do país no que está políticamente inmersa: España.

Todos sabemos que a lingua común a tódolos españois é a lingua de Castela, pero tamén sabemos que Castela non é Galicia; que existen moitas diferencias entre ámbalas dúas; entre elas a lingua.

Por eso é de suma importancia renderlle homenaxe a todas aquelas persoas que fixeron canto puideron por cultivar a lingua na que expresamos diariamente o máis íntimo e tenro da nosa existencia e tamén a nosa xenreira cando cómpre.

Houbo no século XIX una muller que destacou de xeito moi salientable: foi a nosa Rosalía de Castro que publico Cantares Gallegos o día 17 de maio do ano 1863.
Desde entonces a nosa lingua pasou a ser recoñecida internacionalmente e son moitas a persoas que escriben prosa, lírica ou teatro nesta lingua tan fermosa.

E desde o nacemento do Estatuto de Autonomía de Galicia, a lingua galega pasou a ser cooficial co castelán.
É dicir:
“Tanto monta, monta tanto”, como dicían os Reis Católicos Sabela e Fernando.

E úsase na escola, na universidade, na notaría, na prensa, na radio, na televisión, na hostelería e onde faga falta.

Unha desas persoas que colaborou a encumia-la nosa lingua e que homenaxeamos este ano é XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE.
Un pontevedrés de renome universal que traballou:
-Na fundación do SEMINARIO DE ESTUDIOS GALEGOS e no MUSEO DE PONTEVEDRA que tivemos ocasión de visitar co noso Profesor, Felipe Senén.
-No CONSELLO DA CULTURA GALEGA.
-Na REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA.
-Que defendeu o uso da lingua galega no ensino.
-Que foi alcalde de Pontevedra, e outros moitos labores que constribuiron a cultivar todo o relacionado coa esencia galega.

PERSOAS COMO EL SON AS QUE DAN A COÑECER A CULTURA GALEGA A NIVEL UNIVERSAL, GRAZAS ÁS CALES SE SABE QUE EXISTIMOS E QUE SOMOS UN POBO CON IDENTIDADE PROPIA.

O alumnado da UNED Sénior de Xestoso celebra esta festa acompañado polo seu Coordinador Don Luis Ángel Rodríguez Patiño e os seus Delegados Dona Amelia Fornos Soto e D. Antonio Currás; e séntese orgulloso de que a lingua dos nosos devanceiros e nosa propia sexa recoñecida e valorada no mundo enteiro.

¿Soñarían con este prestixio o nosos avós, bisavós e tataravós?
Estamos seguros que non se decataron de que foron xustamente eles, os que a conservaron ó longo dos tres Séculos Escuros que Celso Emilio Ferreiro chama: “Longa noite de pedra”

Por eso é importante que a empreguemos pola mañá, a mediodía e á noite, tanto na casa como no supermercado ou no médico, tanto na vida laboral como na de ocio, dentro e fóra de Galicia, porque donde queira que vaia un galego, sempre leva consigo a lingua nai.

Tamén aproveitamos para reinvindicar ante as autoridades relixioxas da Igrexa Católica -á que pertencemos a maioría de nós- que a nosa lingua sexa usada nos actos de culto porque Deus non fai distincións entre razas, nin cores nin -por suposto- linguas.
Xa vai sendo hora de que a Igrexa Católica desperte do seu prolongado letargo se quere ser fiel ó seu Fundador.

Desde estas liñas manifestamos o noso profundo agradecemento a cantas persoas defenden a cultura e a lingua galegas, que para nós son sagradas.

(MERCEDES CACHAZA PLATAS é alumna da UNED Sénior de Xestoso. Aula de PADERNE - A Coruña)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES