Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cristiáns... de Rebaixas!?

lunes, 15 de mayo de 2006
Neste noso mundo occidental, de tradición cristiá, no que tanto se presume de autenticidade, responsabilidade e profesionalidade, cando se trata de temas de relixión e da vivencia da fe e de dar razón do noso bautismo e testemuño de vida, aparece a incoherencia. O fallo está en que non se percibe a forza e a vivencia dunha fe adulta e auténtica dos cristiáns.

Abonda con ollar á entorna. É incrible a lixeireza e incoherencia na que vivimos. Fiámonos das estatísticas. ¡80% católicos! ¿Católicos!?. Bautizados, mellor. Na práctica, moitos menos. Na vida (que é o único que ten de importarnos) non se percibe o testemuño que contaxie ao resto da sociedade pola nosa vida comprometida e coherente con Xesús e o seu Evanxeo. Ser cristián é outra palabra desvalorizada. Ven a ser un costume que abonda nesta sociedade irreflexiva. Ser cristián semella estar de rebaixas. Coma produtos nos supermercados. Abonda con estar bautizado. Para iso chega con que pais (avós/avoas) o queiran e pidan, aínda que non o vivan, sentan, non practiquen e/ou sexan ateos. A formación e o testemuño son imprescindibles para o crecer/medrar na fe.
Desde a fe/vida de cristiáns comprometidos temos de acabar coa incoherencia dos ritos sociais que levan ás anticristiás “primeiras comuñóns”, vodas e outros sacramentos. ¡Festas con insultantes gastos ante o mundo famento que nos olla escandalizado!. ¡Só consumo e exhibición! Regalos caros desvirtuando a esencia da gratuidade. Ata se quere pór de moda “bautizos laicos”. ¡Que insulto, contrasentido e descomunal incoherencia!

Como contraste chega a Palabra de Deus. A comuñón entre nosoutros e con Deus ten de vir da única e verdadeira Cepa, alegoría de que Cristo é a Vida. Vai na liña dos signos do Pan de vida e da auga viva. Cristo é o zume, o viño da vida. As vides unidas á Cepa (Cristo) viven e dan froito. Separadas secan e só serven para ao lume. “Sen Min non podedes facer nada” (díxonos). Precisamos dunha forte e profunda poda para limpar e purificar a Igrexa. Cristián é o que vive e experimenta a Cristo. Non se pode limitar a escoitar ou a aprender cousas de memoria, a recibir sacramentos e/ou facer ritos. Ten de vivir unido a El pola fe, polo amor e as obras. Cepa/vides están unidas para dar/recibir vida. O cristián é máis ca un crente ou un practicante de ritos: é parte de Cristo. ¡Canta máis unión teña con El máis zume/vida recibe!.

Os froitos son: o espírito/vida de amor, paz, xustiza, solidariedade, servizo...A vida non se nos dou para gardala, senón para dala. Estamos en boas mans. O Pai é o Agricultor (díxonolo Xesús). Os bautizados (ao xeito das primeiras comunidades cristiás) temos unha vida que vivir e compartir, unha Boa Nova que anunciar e ofrecer ao Mundo: acreditar a presenza do Reino de Deus desde o noso servizo aos máis empobrecidos.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES