Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirádeme

viernes, 12 de mayo de 2006
Mirádeme, mirádeme
fite a fite de novo
e dicídeme xa:
¿non vedes nidiamente nos meus poros
as rudas borraxeiras da saudade
que supuran ós poucos?

¿Non oídes talvez
estes golpes insólitos,
estes ciclóns cinsentos
que sempre me percorren todo o corpo
deixando a cada paso estradas fístulas
e solpores e lodos?

Non, non ollades nada,
nin sentides tampouco
nada, porque habitades
nas illas da opulencia e mais do oprobio
e desde a indiferencia é moi difícil
decatarse dos choros.
Gómez Alfaro, X.C.
Gómez Alfaro, X.C.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania