Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A inseguridade dos aforradores

viernes, 12 de mayo de 2006
Poñamos que hai xente que aforra. Poñamos que aforrar é bo. Poñamos que os que aforran están investindo para o futuro. Poñamos que gracias ós que aforran, as entidades de aforro poden facer préstamos para investir, crear empresas, e que medre toda a sociedade.

Poñamos que se pode aforrar investindo en bens moi seguros, coa garantía do Estado, pero con rendemento moi pequeno. Poñamos que se pode aforrar depositando as cantidades que van sobrando na vida diaria, coa tranquilidade das entidades de banca ou de aforro, coa seguridade de que eses depósitos están protexidos polo Fondo de Garantía de Depósitos, pero a rendibilidade nos momentos actuais é ben modesta.

Poñamos que se pode investir en accións, con rendementos en algúns casos espectaculares, pero con todo o risco do mundo, xa que os avatares do mercado poden derrubar ó pozo máis profundo calquera valor desde os cumes máis alto.

E poñamos,en fin, determinados investimentos ou depósitos que garanten rendementos moi altos, que requiren unha absoluta confianza –case fe- que funcionan en épocas de bonanza pero que cando o vento cambia poden orixinar traxedias.

Poñamos que falamos de investir en sellos de correos, que son valores que medran en épocas de crise, cando outros valores flaquean. Pero que hai que coñecer moi ben o sector para facelo de xeito privado, ou confiar moito e poñerse nas mans de organizacións especulativas privadas.

Poñamos que arredor de 30.000 galegos fiaron os seus aforros en dúas compañías que na actualidade están cuestionadas por ter os seus máis altos directivos en prisión acusados dun amplo abano de delitos económicos.

Non é doado confiar a alguén os aforros. Claro que tampouco é doado ter aforros. Alguén debería preocuparse de que os que conseguen aforrar o fagan con seguridade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES