Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Catro anos de subcultura en Vilagarcía

viernes, 22 de mayo de 2015
Desde o Preguntoiro: Catro anos de subcultura en Vilagarcía

A identidade cultural dun pobo ven definida a través de infinidade de moitos aspectos: A lingua, como instrumento de comunicación entre os membros das asociacións da comunidade, relacións sociais, comportamentos colectivos dentro dos valores éticos e morais. Un trazo propio de todos estes elementos de identidade cultural é o su carácter anónimo, pois son produto da colectividade.

Case sempre perdemos a memoria cando pasan tres ou catro anos do que o Sr. Fole Alcalde de Vilagarcía fixo ao correr deste tempo. Vilagarcía foi no seu tempo un referente cultural en Galicia, porén, aínda temos as hemerotecas para saber a desfeita que este Sr. fixo en cargarse a cultura colectiva nesta cidade. Soamente volver a vista atrás e lembrarme do enfrontamento que tivo con todos os colectivos impoñendo un Regulamento que non tiña ni pés nin cabeza, onde a maioría deses colectivos estiveron facendo unha alternativa máis razoable co sentir da maioría do pobo, nin sequera admitiu ningún artigo alterno. Tamén temos que lembrar que toda esta movida custoulle ao Concelleiro de Cultura a súa dimisión.

Un dos grandes referentes non soamente para Galicia senón para todo o territorio nacional, foi cargarse o Festival do Norte que tivo que fuxir para o concello de Illa de Arousa. Por espazo nesta opinión non da máis de si para poder enumerar a cantidade de desfeitas que foron esnaquizadas por non ter unha política cultural para o pobo.

A cultura ten que estar ao alcance de toda a cidadanía, e para iso hai que escoitar e dialogar cos colectivos para intentar facer unha programación cultural que garde relación coa cidade. Eles son os que están máis preto da cidadanía de cada freguesía ou barrio, pero por desgracia o Sr. Fole a ninguén escoitou. Non falemos das casas de cultura onde se lle escatimou todo relacionado culturalmente e materiais que en catro anos xa non hai por onde collelas.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES