Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Museo etnográfico 'Casa do Patrón'

jueves, 21 de mayo de 2015
-Admiro ás persoas que saben conserva-lo seu.
-Admiro ás persoas que saben e queren conseva-la historia dos devanceiros.
-Admiro ás persoas que se senten orgullosas de seren fillos de quen son.
-Admiro ás persoas que aman, senten e viven o propio da terra que as viu nacer; da terra que as viu medrar; da terra que as ve vivir e da terra na que queren descansar cando remate o seu camiñar por esta vida.
-Admiro ás persoas que aman a súa terra, sexa esta cal sexa e como sexa.
-Admiro de xeito moi especial a todas aquelas persoas que tendo a sorte de nacer no xadín de España, saben valorar o feito de seren galegas e saber vivir en galego.
- ESAS SON AS PERSOAS GALEGAS DE PURA CEPA.

Tal é o seu caso, o meu caso e o de outras moitas persoas, que nos sentimos orgullosas de sermos gelegas, de sentir en galego, de expresármonos na ligua de Rosalía e de vivir en galego.
-ADMIRO TAMÉN E TEÑO EN GRAN ESTIMA Á FAMILIA DA CASA DO PATRÓN DE CODESEDA-DOADE EN LALÍN (PONTEVEDRA).
Casa que visitei en varias ocasións e que quero seguir vositando, noutras moitas, porque:
-ALÍ ENCONTRO UNA FORTE LIGAZÓN COAS MIÑAS RAÍCES GALEGAS.
-ALÍ ATÓPASE O AMOR Á TERRA GALEGA.
-ALÍ SABORÉANSE OS MELLORES MANXARES.
-ALÍ RESPÍRASE FAMILIARIDADE.
-ALÍ VÍVIESE EN GALEGO.
-ALÍ PODEMOS ENCONTRAR UN MUNDO CHEO DE VIVENCIAS EN TRES EDIFICIOS DIFERENTES, EN TRECE SALAS DIFERENTES.
Nunha sala está A COCIÑA TRADICONAL GALEGA onde podemos ve-la lareira, o vertedeiro, o alzadeiro, a menaxe da época, incluída a flloeira e dous tipos de sella co seu molido correspondente.
Sen saír dela podemos recreármonos lembrando a nosa infancia no medio rural as persoas que nacemos na segunda metade do século pasado.
¡VÉÑENOS Á MENTE, TANTAS E TANTAS LEMBRANZAS!..
¡TANTA E TANTAS VIVENCIAS!,,
¡TANTAS EXPERIENCIAS VIVIDAS NO COLo DAS PERSOAS QUE MÁIS QUEREMOS!
¡Que delicia!
¡Que sorte!
¡TÍÑAMOS TEMPO PARA GOZAR DO CARIÑO DOS NOSOS Á CARÓN DA LAREIRA!
(Non había luz eléctrica e –por suposto- tampouco televisión, pero fomos moi felices)
Para os nenos de hoxe en día, debe parecerles algo prehistórico; pero por pouco que remexan na vida dos seus devanceiros seguro que lle atopan explicación a todo o que alí poden observar.

Ó pé da cociña, está O CUARTO con diferentes tipos de mobles:
-Os XERGÓNS que nos deron relaxado descanso nos anos da nosa infancia.
-O BERCE onde nos arrolaban agarimosamente os membros da familia que máis apreciamos.
-As COLCHAS DE TRAPOS, feitas na tecelá.
-Os VELOS que levábamos as mulleres, á igrexa, naqueles tempos .E as nenas…
-A TOCA das nosas avoas. O pano da cabeza. O mandil…
-E un longo etc.
Todo un mundo de lebramzas para recrear, para revivir e para valorar o xeito de vida daqueles tempos que nos viron nacer ós que agora temos prata no cabelo, ouro non dentes, pedras no ril e cousas así.

No que noutrora deberon se-las cortes do gando doméstico; atópanse os diferentes oficios: afiador, zoqueiro, latoeiro, ferreiro, o proceso do liño…
Todas aquelas estratexias que os nosos devanceiros usaban para teren calidade de vida cos adiantos da época..
Artesanía pura.
¡É BEN CERTO QUE A NECESIDADE AGUDIZA O INXENIO!

Noutro edificio podemos atopar todo o relacionado coa carpinteiría, coa alfareiría, coa barbería, coa medicina…
Do que hai, non falta de nada.

Por eso é admirable o labor realizado por aquela familia integrada por D. MANUEL BLANCO VILLAR, a súa dona DONA MARÍA DOLORES VARELA FERNÁNDEZ, (LOLA para os amigos), a súa filla, o seu xenro e dúas netiñas como dous soles que xa van educadas daquela maneira: calzan zocos, tocan a pandeireta e viven intensamente a tradición familiar.
¡TODO UN LUXO DA FAMILIA!

Na casa do lado atópase A TABERNA cos productos da época. Quizais o que máis chame a atención sexa o MEDIDOR DO ACEITE, que naqueles tempos mercábase a granel por cuartillos. Era un ben moi preciado pero que apenas podía consumirse por razóns de economía do momento.

Seguindo por aquela DIMINUTA ALDEA; - PERO MOI CHEA DE VIDA-; trasladámonos a outros edificios onde podemos observar o proceso de viño e do pan.
Dous alimentos básicos desde antigo.
POR ALGO SE DI QUE CON PAN E VIÑO XA SE ANDA O CAMIÑO.

O MUNDO DOS APEIROS AGRÍCOLAS é todo un mundo: en cada lugar teñen os seus propios apeiros e a súa particular maneira de facer.
Para os interesados na investigación do tema hai todo un mundo de posibilidades para descubrir.

Nun museo desta talla, non podía faltar a RELIXIÓN E A ESCOLA.
Ninguén pon en dúbida que a relixión ten moito peso na vida das persoas e a escola xa non digamos...
Nunha aula de tamaño medio podemos atopar diferentes tipos de pupitres, encerados, libros, mapas e todo tipo de material escolar da época desde os tempos da República ata os actuais pasando pola Dictadura.

Ós que agora levamos cabelo prateado, -os que aínda o conservamos- parécenos mentira que con tan poucos medios se puidera aprender tanto; que un mestre –xeralmente mestra- poidera atender a un alumnado tan variado en idades e coñecementos.
¡QUE DISCIPLINADOS ERAMOS OS DAQUELES TEMPOS!
¡CANTO CAMBIOU A FIGURA DO PROFESORADO!
¡QUE DIFERENTES SON OS NENOS DA ACTUALIDADE!

Estas diferenzas poden comprobalas os colexios actuais cando visitan a Casa do Patrón co obxectivo de que os nenos actuais coñezan de cerca a historia dos seus proxenitores; disfrutando nos talleres relativos á fabricación do pan, á cestería, á cerámica, ós xogos e cantos populares, ó folclore…
Tamén teñen roteiros de sendeirismo debidamente acondiconados.
Un gran abano de posibilidades.
Estas posibilidades fanse extensivas para persoas de tódalas idades e condicións: familias, grupos, asociación, empresas e incluso nenos de educación infantil, acompañados polos seus proxenitores ou polo Profesorado..

Na Casa do Patrón tamén podemos gozar doutras actividades relacionadas coa época do ano:
-NA PRIMAVERA: xornadas de medicina e saúde natural.
-NO VERÁN: a sega, a malla con males e con m’aquinaria antiga.
-NO OUTONO: o magosto, o mes do pan e os contos na lareira.
-NO INVERNO: a matanza e a fabricación dos chourizos.

E PARA COMER: pódense desgusta-los pratos típicos da Galicia profunda saboreando productos de primeirísima calidade e os bolos preñados recién feitos, que saben a gloria.

Pero as almas promotoras da Casa do Patrón, non paran: agora está a piques de comezar una excavación legalmente autorizada a cargo dos correspondentes arqueólos para descubrir un castro nas inmediacións do museo.
Esta familia, non dá puntada sen fío.
Dentro de pouco poderemos visitar tamén o CASTRO e seguro que aínda terán máis con que sorprendernos, porque para eso, píntanse sós.
Desto damos fe as persoas que xa levamos realizadas varias visitas.
Unha servidora, persoalmete xa visitou este lugar en catro ocasións: una en compañía dunha amiga, outra como alumna da UNED Sénior de Xestoso e dúas coa asociación que presido neste momento: o Consello de Maiores de Paderne.
E non descarto volver noutra ocasión porque ter algo así na nosa terra, meréceme tódolos respetos habiddos e por haber.

Para conseguir o que hoxe é e representa o MUSEO ETNOGRÁFICO “CASA DO PATRÓN”, a famila de MANUEL E LOLA, tivo e ten que superar moitos atrancos; por eso quero titular o seguinte artigo:”CONVERTINDO PROBLEMAS EN SOLUCIÓNS”.
Moitas grazas a vostede por tantos e tantos atrancos que leva superados ó longo da súa vida.
Todo canto de bo facemos, non queda perdido, un día ou outro atoparano as xeracións vindeiras.
Nós tamén atopamos o que de bo fixeron os nosos devanceiros.
É lei de vida.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES