Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facilidades a Pescanova

jueves, 11 de mayo de 2006
Pescanova é unha empresa galega que ten fondas raíces no país, nas fontes de producción, e que vencella os nosos mares cos océanos de todo o mundo coas viaxes dos seus barcos pesqueiros que contribúen de xeito decisivo a que Galicia manteña o carácter de país dominador do mar.

Pero Pescanova é consciente, como calquera que coñeza o mar, que o que se consideraba infinito non o é, que os recursos mariños son esgotables e hai que ir buscando fontes alternativas como pode ser –neste caso- unha planta de cría de Rodaballo, que se situaría en cabo Touriñán, no concello coruñés de Muxía.

O Pleno de Muxía (PP e Psoe xuntos) pide que se autorice esta instalación, primordial para o concello polos postos de traballo que orixinaría e o propio dinamismo da empresa. Neste mesmo sentido se pronunciaron os membros da Federación de Empresarios da Costa da Morte, que estiman moi beneficiosa a instalación.

A Xunta pon reparos por razóns medio ambientais ou de planificación de estructuras, e tocoulle ó Presidente Touriño o difícil papel de indicar que Pescanova debería buscar outro sitio para asentar esta gran piscifactoría.

O Presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, non se fixo repetir a observación e aparece nunha foto co Secretario de Estado de Agricultura de Portugal, ó que visita para falar da posible instalación no veciño país de plantas de rodaballo.

E entón Touriño sinala que está disposto ó diálogo e Quintana proclama que Pescanova non ten outro sitio mellor para instalarse que Galicia.

Pescanova xa trataba de instalarse en Galicia, que foi onde se lle puxeron dificultades. Polo tanto, xa sabe que non ten outro sitio mellor. E o diálogo parece que está servido.

Pescanova elixe Galicia. Deámoslle facilidades. Se aquí non lla damos, daranlla fóra. Portugal, por exemplo.
Fernández de Sousa dí que esta visita a Portugal non é unha amenaza para a Xunta. Amenaza non, pero aviso naturalmente que si.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES