Despois de seguir con interés as propostas de campaña doas distintas forzas políticas, e pasado xa o ecuador da mesma, chámame poderosamente a atención que prácticamente non se abordan plans de

eficiencia enerxética para os concellos e que as mínimas propostas existentes sexan parciais e limitadas só a simples cambios de luminarias.
Apenas dúas ou tres forzas plantexen alternativas para o monte nunha comarca con unha grande masa forestal rendibilizada exclusivamente polo sector madeireiro, cando empresas, comunidades e inmobles públicos teñen un alto consumo de gasóleo a alto prezo ademáis do risco de incendios que supón ter o monte sin limpar.
Neste mandato fun testemuña de como en.moitos concellos se optou para o aforro lumínico por apagar farolas alternas, medida ilegal e que deixa ás claras a mediocridade de moitos dos alcaldes que nos gobernan.
A enerxía debe ser un dos pilares dos gobernos, máxime en tempos de crise, pero tamén como aposta de futuro, ecoloxía e creación de emprego.
Só un grupo político da Terra Chá leva no seu programa unha aposta clara e seria para a enerxía, que integra rural e urbano, monte, aproveita o cambio a led para un telecontrol con novas tecnoloxías para o futuro e xeneral emprego con ese plan, ao que chaman "Guitiriz intEliXENTE", o PSOE de Guitiriz e a súa candidata Regina Polín. Alomenos neso, vai por diante.