Obviedades e programas
							Regueiro Tenreiro, Manuel - martes, 19 de mayo de 2015
							  Estamos no tempo de elixir aos nosos concelleiros  aquí en Galicia- e tamén aos parlamentarios nalgunhas autonomías. Para cumprir con responsabilidade ese dereito de elección, imos lendo os programas dos partidos  que   mandan (desta vez case que ningún) ou os resumes (algúns)  e folletiños (bastantes) que  nos entregan pola rúa. Xa que os escritos non son moitos, temos que acudir aos medios e algún que outro debate.
Este días, especialmente pola noite, vai habendo abundancia deste xénero de debate e das correspondentes tertulias. Algunhas son dereitamente insufribles, e noutras o que domina son as obviedades, é dicir, falan de cousas que están diante dos ollos. Destacan especialmente: ¡temos lixo nas rúas, hai demasiada xente que sofre! Un quédase esperando polo programa que vai presentar ese voceiro/a para arranxar eses problemas, en verdade,  moi serio un e menos outro. 
Como digo, agardas escoitar un programa  que (segundo o Dicionario da Real Academia Galega) é a:  Exposición oral ou escrita dos proxectos. En lugar diso ¡cólanche outra obviedade!: nós presentámonos para acabar con isto. Claro, pero 
 ¡os proxectos? Nin unha ideia (como diría o homenaxeado nas Letras Galegas: Filgueira Valverde), nin un plan, e fan que un poña en dúbida o significado da palabra proxecto, por iso volvemos ao mesmo Dicionario que di Proxecto s. m.1. Idea de algo que se pensa realizar e de cómo se pensa conseguilo.
Pois ¡xa podes esperar!, non hai resposta  á pregunta clave ¿cómo pensan conseguilo?, ¿con qué medios?. A un prantésalle un dilema: ou non teñen un programa, ou queren, simplemente colarse.  Obviamente, queren obviar dar a cara, dicindo máis obviedades.
							
							
Regueiro Tenreiro, Manuel
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora