Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

domingo, 17 de mayo de 2015
Neste Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, Galicia festexa a xornada por partida dobre, é o día da cultura galega e o día da rede de redes. Unha data para conmemorar, facer balance e sinalar novas metas.

Hai un ano anunciabamos que o 25 de xullo se activarían os primeiros dominios .gal. Tras oito anos de traballo, Galicia tiña por fin nome propio na rede. Una iniciativa que contou co apoio da Xunta no marco das actuacións da primeira Axenda Dixital de Galicia, aprobada catro anos antes cun nome que resultou premonitorio: 2014.gal.

A consecución do domino galego en internet rubricaba a unión da cultura e a tecnoloxía, un exemplo das múltiples alianzas que as TIC selaron nestes anos para transformar, mellorar e impulsar o potencial de todos ámbitos da sociedade. A primeira estratexia tecnolóxica galega asentábase neste convencemento e recollía a aposta firme da Comunidade pola tecnoloxía como elemento tractor dos restantes sectores produtivos e columna vertebral da dixitalización dos servizos públicos.

O ano 2014 marcou o peche da primeira Axenda Dixital do Goberno galego e 2015 o inicio da verea para cumprir os retos tecnolóxicos que nos propoñemos na Axenda Dixital de Galicia 2020. Hai cinco anos o principal obxectivo era a introdución das TIC nos fogares, nas empresas e nas Administracións. Cinco anos despois Galicia non é a mesma que cando se definiu 2014.gal. O compromiso da Administración, xunto co esforzo de todos os axentes implicados: o sector tecnolóxico, o tecido empresarial, os empregados públicos e a cidadanía en xeral permitiunos sentar as bases para enfrontarnos aos desafíos que impón a vertixinosa evolución tecnolóxica dos últimos anos.

Agora o gran reto é mobilizar as pancas que permitan explotar os beneficios económicos e sociais dunha Comunidade dixital. A nova Axenda Dixital 2020 establece as pautas para dar resposta a 20 desafíos que nos permitan ofrecer unha administración máis próxima á cidadanía, colaborativa, aberta, transparente, sensible, eficaz e eficiente; reforzar os recursos territoriais; impulsar a dixitalización empresarial; dar resposta aos cambios sociais do novo contexto dixital e garantir unhas infraestruturas de telecomunicacións capaces de servir de soporte ás conexións de banda larga de alta velocidade.

Iniciamos a verea tecnolóxica cara ao 2020 cunha folla de ruta que é a suma das achegas de todos axentes implicados: as institucións públicas, o sector empresarial e tecnolóxico galego e a cidadanía. Unha suma de todos cun obxectivo final: promover unha transformación que lle resulte útil á sociedade.
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES