Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Divina Comedia traducida por Darío Xohán Cabana

jueves, 14 de mayo de 2015
(Comentarios de tres xeneracións) Quixera eu poder ser un crítico literario para facer xusticia á tradución do meu amigo Darío Xohán Cabana. Non é así, pero teño a sorte de poder tomar prestadas unhas verbas do meu pai Manuel Rodríguez López adicadas a Darío con motivo da publicación de "Patria do mar" do noso poeta de Roás. Deixou escrito o meu pai en Praza Maior hai 25 anos, o 25 de Xullo de 1989, apenas seis meses antes de falecer, o seguinte:

"O Darío é o maior artífice galego do modelo itálico de versificar. O verso heroico, longo ou endecasílabo empregado por Petrarca, que el verqueu maxistralmente ó galego, tratado en tódalas variantes posibles, acada no noso poeta os máis altos cumes de perfección. E non só o modelo italián, tamén o alexandrino, ou francés, verso de arte maior dividido en emistiquios de sete ou seis sílabas, e incluso os octasílabos de tradición castelá son elaborados polo autor de PATRIA DO MAR ó xeito de sonetos. O soneto é logo, o principal elemento que lle dá unidade, unha unidade que non se fai monótona, precisamente, pola variedade rítmica que impoñen as diferentes métricas (...) PATRIA DO MAR, no eido da lírica galega actual, pensamos que non é doado de superar, incluso nin polo propio Darío. Pola súa mestría, polo seu dominio da palabra, pola súa capacidade creativa demostrada en varios dos seus poemas, Darío Xohán Cabana é o chamado a ser o gran épico de Galicia. Só neste eido poderá superar a súa última creación".

¿Qué verbas de admiración escribiría Manuel Rodríguez López sobre o seu amigo Darío Xohán Cabana encol da súa exacta tradución da Divina comedia de Dante? Seguramente coincidiría connosco para dicir que a divina tradución de Darío alcanza moi elevados niveis de perfección.

A rima, a forma e a palabra empregadas por Darío respetan e reflexan con exactitude a poesía de Dante, nestra obra maestra da literatura universal. O meu fillo Carlos, ávido lector da tradución de Darío, escribe: "O emprego nobre e elegante da fala, caracterizado polo seu rico vocabulario e forma clásica, é intrínsicamente galego, facendo que esta nova obra beba nas raíces da antiga cultura galega, ademais de respetar plenamente as ideas fundamentais de Dante. Esto tamén se pode ver nos maxistrais comentarios feitos co máis preciso detalle histórico que están a informar ó lector sobre as mensaxes culturais e teolóxicas inscritas no épico de Dante".

Darío regálalle á literatura galega unha tradución na que honra a Dante e na que o idioma galego vese honrado. É asombroso o dominio da métrica, do italiano e por suposto do galego que o noso Académico Darío demostra na súa tradución. A literatura que leva dentro do seu ser sitúa a Darío entre os mellores escritores galegos, non só no eido da lírica galega actual, senón da literatura galega de tódolos tempos. De seguro que Darío seguirá a sorprendernos positivamente coas súas obras literarias no futuro.

Pero disfrutemos primeiro da súa tradución da Divina comedia de Dante ó galego. É esta unha obra que debe ser lida e disfrutada polos galegos. Ó igual que O Quixote é lectura obrigatoria nos institutos, a versión galega da Comeddia ten que selo tamén, como é en Italia. E as publicacións de traducións como esta feita por Darío, teñen que ser apoiadas institucionalmente para posibilitar que clásicos da literatura universal falen en galego, a nosa lingua. Foron xa algúns recoñecementos públicos, en forma de premios, os que Darío recibiu pola súa tradución. Desexamos que "Edicións da curuxa" que publicou a Divina Comedia, sega a publicar obras da altura da feita polo noso escritor, que honran as nosas letras galegas.

(Santiago Rodríguez López, profesor da Universidade de Bristol é fillo do escritor de Paradela, Manuel Rodríguez López).
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES