Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Costumes daqueles tempos

jueves, 14 de mayo de 2015
A vostede que me le, antes de nada, voulle pedir un favor:
¿Pode –por favor –sitiuarse na década dos cincuenta do século pasado e na Galicia rural? É dicir entre 1950 e 1960, nunha aldea calquera da Galicia rural.

Naqueles tempos tocoume de ser nena e vivir no medio rural galego nunha casa de labradores.

¿QUÉ VALORES SE RESPIRABAN NA VIDA FAMILIAR LABREGA DAQUEL MOMENTO?
Na casa labrega convivían polo menos tres xeracións: avós, pais e netos
Tamén era habitual que houbera outros membros: cuñados, curmáns e a veces ata persoas alleas.
Para que puideran convivir tantas persoas baixo un mesmo teito é de supoñer que tiña que haber una xerarquía de valores según o posto que lle correspondía a cada membro:

-AS PERSOAS MAIORES (AVÓS) ERAN SUMAMENTE RESPETADAS.
Había que tratalas con tratamento de cortesía. “vostede”.
Loxicamente había que pedirlles consello a asesoramento para todo.
Outra cousa era que eles delegaran na xeración seguinte según as circunstancias o aconsellaran.
Eran atendidos con sumo esmero na súa ancianidade.
Eles e máis os nenos eran os que comían as poucas larpeiradas que había.
Xeralmente non pagaban o seguro agrario por falta de medios económicos.
Traballaban mentres que podían e cando non, eran coidados nas súas casas; tanto se cobraban pensión contributiva ou non contributiva.
Cando falecían eran velados na casa e os parentes poñían loito.
A súa falta era moi sentida.

-OS PAIS ERAN MOI RESPETADOS POLOS DESCENDENTES.
Xeralmente había que tratalos de vostede.
Obedecerlles en todo ata a maioría de idade que naquel intre estaba nos 21 anos.

-A INFANCIA TIÑA AS SÚAS OBRIGAS:
-Obedecer ás persoas maiores. E contestar con boa educación.
E se che ofrecían un bocado de pan, contestabas: “Non, non teño fame, moitas grazas.
O motivo era a estreitura que reinaba naquel momento, na maioría das casas.
-Axudar na casa cando facía falta, que desafortunadamente era moitas veces e os nenos faltaban moito á escola.
-Portarse ben na escola porque mentres se estaba na escola, a mestra de turno tiña a máxima autoridade sobre a infancia.
-Saudar á mestra dicindo “Buenos días tenga usted” ó entrar e “Usted siga bien” cando saías.
Se che preguntaban como te chamabas, respondías: “Fulanita de tal para servir a Dios y a usted”
-Asistir á misa tódolos domingos, aínda o cura misaban en latín e de espaldas ós fregueses.
Íamos acompañados por algún membro da familia e portábamonos moi caladiñamente.
Daquela facíase a comunión ós sete anos que era cando se consideraba que se alcanzaba o “uso de razón”.
Pero non se facía ningunha celebración especial. Só che poñían roupa nova e preparábante para recibir a Xesús Sacramentado.
Íamos contentos porque era como unha diversión onde te atopabas cos outros, a parte de que o cura da parroquia era una autoridade sagrada á que había que respetar.
Unha vez á semana varríamos a escola e de vez en cando limpábamos a igrexa, acompañados pola mestra.
Facíamolo sen rechistar e incluso nos gustaba traballar en grupo.
A vida era así de disciplinada, pero TAMÉN TÍÑAMO-LOS NOSOS DEREITOS:
Comíamos do melloriño que había na casa.
Vestíamos e calzábamos o mellor que se podía.
Polas festas estreábamos sempre algo.
Polas noites os padriños collíannos no colo, sentados arredor da lareira e contábannos contos e oracións con moralexas.
Tamén nos ensinaban moitas cantigas e moito cálculo mental.
Xeralmente quedábamonos dormidos daquela maneira.
Era una experiencia moi tenra.
Outras veces levábannos dormir para cama dos padriños, pero á mañá seguinte sempre aparecíamos na nosa cama.
Xogábamos con pedras, con carabullos, con carros feitos de nabo, escribindo en lousas cunha punta, cazando grilos, xogando ás familias, facendo bólas con lama, costruíndo grileiras con xuncos, lanchas con casa de pino, chifros cunha palla ou cunha folla de loireiro, á pilla, á chapa, ó escondite, saltando á corda, coa pelota, coa boneca…randeándonos nunha corda colgada dunha árbore, subindo ás árbores cando había froita… E pouco máis.
Era una vida moi sencilla e moi en contacto coa natureza e cos outros rapaces. Natural como a vida mesma.

-AS RELACIÓNS VECIÑAIS eran bastante fraternais,
A xente xuntábase nas casas. cando non se podía traballar fóra.
Na miña casa case sempre había xente de fóra e moitas veces compartíase a comida, seguindo a tradición da miña bisavoa que fixera clases nocturnos noutro tempo.
As mulleres aproveitaban para carda-la la, calcetar e e contar contos.
Os homes facían zocas e contaban contos.
Tamén se xuntaban para esfolla-lo millo, para plantar, para a sega, para a malla e outros labores colectivos.
As mulleres lavaban a roupa en lavadoiros públicos e poñían a roupa a clareo e logo a secar ó aire libre e olía a perfume silvestre, moitas veces a buxo.

A vida era sencilla, todos eramos económicamente pobres, pero ninguén morreu de fame e todos saímos adiante loitando por conseguir una mellor calidade de vida.
Por eso é hoxe o día que sabemos valorar os nosos esforzos e disfrutamos deles.
Aqueles tempos foron así.
Os de agora son doutra maneira.
Pero a parte do que aínda conserva a memoria das persoas maiores de hoxe en día, aínda quedan museos etnográficos que ilustran o que lle digo.
Boa mostra esto atopámola –ademais de noutros moitos lugares- no MUSEO CASA DO PATRÓN en Codeseda, Doade, perto de Lalín, onde unha familia fai grandes esforzos para para mostra-la historia do rural ás novas xeracións.
Por eso adicarei una letras ó MUSEO CASA DO PATRÓN, no vindeiro artigo.
Moitas grazas por ter tanta paciencia para ler estas cousas que moitos teñen esquecidas no baúl do recordos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES