A financiación da Igrexa
Editorial - martes, 09 de mayo de 2006
Estas semanas, o Ministerio de Hacienda está enviando ós galegos bocetos da declaración da renda baseados nos datos que constan nos seus ordenadores.
No lugar correspondente á asignación tributaria do 0,52 para a Igrexa ou para outras atencións sociais, o Ministerio barre para sí e pon o X no lugar que corresponde a esas outras, influíndo para que non se lle otorgue á Igrexa Católica.
Podería ser imparcial, o que ó mellor é moito pedir, pero non o é. E a Igrexa, nesta loita, leva as de perder.
A Igrexa, a institución máis antiga das que posúe a nosa sociedade, arrastra virtudes e pecados seculares; arrastra sona de amasar riquezas, e sen embargo posúe milleiros de seguidores crentes que dan a vida pouco a pouco polas causas máis humildes. E, sen embargo, non consigue que os católicos se volquen en masa a colocar un simple X nun determinado lugar da súa declaración da renda.
E o tema non mellora. Pero a Igrexa ten outras fontes de financiación.
Pola herencia de vellos tempos, nos que o Estado incautou bens que a Igrexa acopiara durante séculos, séguense a pagar indemnizacións concordadas.
Polos traballos asistenciais ou de servicio público, tamén percibe ingresos.
Pero o verdadeiramente interesante, tanto desde o punto de vista dos ingresos como da receptividade por parte dos fieis, sería que os católicos se volcasen a colocar X no lugar correspondente da Declaración da Renda.
Quizais á Igrexa, nos últimos tempos e agora, lle fallan as relacións públicas. En cambio, ó Goberno a tódolos gobernos- funciónanlles de marabilla.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora