Políticos ou fogueteiros?
Fernández, Suso - miércoles, 13 de mayo de 2015
A ansia dos políticos por sair nos xornais fai que, de cando en vez, aparezan voceiros de novas que se diría non ter outro fin, pois a noticia nunca se ve materializada: son os fogueteiros dunha festa na que non soa mais música que o estoupido dos foguetes, nen outras luminarias que non sexan as dos fogos de artificio.
Tal conducta, por habitual, faise norma e os actores da comedia fraudulenta e inacabada, queiman a pólvora na perorata, demagóxica e estéril, propiciada por un narcisismo falto de rigor e de todo compromiso coa sociedade. Unha ollada mínima á hemeroteca dos últimos anos o confirma: Un artista alemán ultima la unión virtual entre Foz y su antípoda (14-7-05). Una asociación de empresarios y concellos facilitará la llegada de turistas (29-1-05).A Mariña y el Occidente astur se unen para la desestacionalización turística Occidental.(30-4-05).A comarca xa ten un consorcio para desarrollar o turismo. Funcionará cando os concellos aproben os estatutos(7-5-05).Campos de golf de Extremadura y Portugal servirán de modelo para la instalación local. Viveiro y Foz apuestan por el golf (31-1-04). El concello creará 4 rutas para fomentar el turismo: 2005 será el año de A Frouseira (26.8.04). Alcaldes e fundacions acordaron crear un arquivo fotográfico.(7.10.05). Viveiro capitanea un proxecto de promoción da zona con novas tecnoloxías (12.2.05).Nós non teremos cara de presentarnos ás eleccións se en ano e medio non hai PAC (7.10.04). Turismo plantea otro Parador y campo de golf en A Mariña.(6.10.07). Foz: O Auditorio, principal proxecto (9-8-90). El tren Expreso de la Robla hará paradas en Foz. Satisfacción no goberno local porque se está valorando lo que es el Foz turístico (8.1.10).
e así indefinidamente.
¿Qué foi de tanta traca fogueteira, que nunca se soubo da festa?... Os munícipes non están polo labor,nen son quén de actuar coa solidaridade precisa para a tarefa común; viven nunha éxtase continua, mirando ao ombrigo, á procura do voto inmediato, e o clima de cordialidade e tolerancia non é o mais axeitado.
Políticos/fogueteiros, ¿qué credibilidade poden ter..? Xa o dixera o pintor Laxeiro:¡qué terra mais fermosa pro
qué carallo de xente!. Deus nos pille confesados
(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora