Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (60)

miércoles, 13 de mayo de 2015
A neve nas aldeas de Galicia

Cando era pequena, aló polos anos corenta, na miña aldea, nevaba varios días, no inverno. Era unha festa para os nenos. Xuntabámonos todos para facer bolos. Os máis grandes facían unha base grande. Logo, enriba, o boneco.

Tiñamos zocas, e xuntabamos a neve debaixo delas. Logo, dando voltas, a neve íase pegando. Os arredores, quedaban limpos. Era unha paisaxe moi bonita. O pero era darlle de comer ás vacas. Recordo meu pai e irmáns ir por loureiros e edras para darlles de comer. Os loureiros sacudíanos para sacarlles a neve. Ían buscar nabos. Quentaban a auga para botalos, así, os animais podían tomar algo quente. Tamén algo de fariña, pois non podían saír pacer. Así, con herba seca, palla, canotos de maínzo, pois todo se aproveitaba.

Ao lado da ventá, tiñamos uns limoeiros. Cando meus pais dicían: “nevou”, saltabamos da cama. Aínda recordo aquelas follas cubertas de neve; quedaron gravadas na miña memoria.

Cantos recordos! Os pais, irmáns, veciños. Xa poucos quedamos. Pero, aí están as vivencias da xente que nos tocou experimentalas. Xa forman parte da nosa historia.

Un recordo para todos os que se foron, e tamén para os que aínda estamos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES