Pedrafita do Cebreiro (Lugo) | Blanco Prado, José Manuel | Galicia Digital"/> Pedrafita do Cebreiro (Lugo) | Blanco Prado, José Manuel | Galicia Digital" /> Algunhas consideracións sobre a Confraría do S.Antón do Padornelo, <a href="http://www.concellos.info/concellos.php?id=201">Pedrafita do Cebreiro</a> (Lugo) | Blanco Prado, José Manuel | Galicia Digital

Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Algunhas consideracións sobre a Confraría do S.Antón do Padornelo, Pedrafita do Cebreiro (Lugo)

lunes, 08 de mayo de 2006
As confrarías son agrupacións voluntarias formadas por laicos que teñen como finalidade fomentar o culto de determinadas imaxes. Nelas teñen lugar relacións de convivencia e sociabilidade. "La cofradía es el núcleo focalizador de toda una vida y un dinamismo comunitario" (1).

O dezanove de xuño de mil setecentos noventa e oito D. Francisco Antonio Pardo de Aguiar, párroco das fregresías do S. Xoán do Hospital da Condesa e da Sta. María Madalena do Poio estableceu, de acordo cos veciños das súas fregresías, as constitucións da confraría do S. Antón de Padua, situada na igrexa da Sta. María Madalena, hoxe desaparecida.

Na actualidade o trece de xuño celébrase a festividade do S. Antón de Padua na fregresía do S. Xoán do Padornelo, onde os cabaleiros da Orde do S. Xoán de Malta tiveron noutra época un hospital para atender ós peregrinos (2).

No ano mil setecentos noventa e nove o bispo da diócese de Lugo D. Felipe Pelaez aprobou as constitucións da devandita confraría, nas que se expoñían dun xeito xeral os seguintes datos:

1º.- Toda persoa que quixera formar parte da confraría tiña que pagar de entrada un real de vellón e, si quixera marcharse en vida, tería que pagar outro real.

2º.- O día do S. Antón de Padua tódolos confrades tiñan que pagar de tarxa anual seis cuartos.
Inicialmente á confraría pertencían douscentos ochenta e dous confrades, mais este número foi diminuíndo nos seguintes anos malia de seguiren pagando a mesma tarxa (3). Esta reducción pudo ser debida a unha serie de causas: falta de recursos nos devotos, inadecuada administración da confraría...

Ano: 1807 - 168 Confrades
Ano: 1816 - 133 Confrades
Ano: 1831 - 117 Confrades
Ano: 1835 - 89 Confrades
Ano: 1840 - 65 Confrades
Ano: 1845 - 40 Confrades
Ano: 1850 - 24 Confrades
Ano: 1858 - 21 Confrades

3º.- Cada ano había que nomear un maiordomo que debería cumprir inicialmente as seguintes funcións:
3.1.- Cobrar das persoas, que ían ser confrades, as tarxas de entrada e saída consistentes nun real de vellón.
3.2.- Cobrar ós confrades as tarxas anuais de seis cuartos.
3.3.- Pedí-la esmola os domingos e días festivos á porta da igrexa.
"Que se nombre Maiordomo cada año pª q cobre las tarjas, entradas, y salidas, pida limosna los Domº y días festibos a la puerta de la Igª...." (4).
Os maiordomos pertencían a lugares e aldeas do Padornelo. Así na primeira década do século dezanove exerceron o cargo de maiordomos as seguintes persoas:
Domingo do Chao, veciño da Porfía. Xoán Fernández, do Pallarbello. Xoán Díaz e Francisco Rodríguez, veciños de Sabugos.

4º.- Co diñeiro recadado os maiordomos levaban a cabo unha serie de actos litúrxicos.
4.1.- O día do S. Antón de Padua celebraban unha función relixiosa na que interviñan catro cregos que recibían dez reais por concelebrar unha misa e axudar a confesar ós confrades o mesmo día da celebración. Algúns anos houbo tres cregos (5).
4.2.- A morte de cada confrade poñíanlle doce candeas no enterro, honras e cabodano, si pertencía á parroquia, senón dez. "Que a cada cofrade que muera se le den, y pongan pª su entierro, onras, y cabo de año, siendo las funciones en qualquiera de las Iglª dela Fra. doce belas y pª fuera diez velas, y hade tener el Maiordomo obligación de ponerlas, y asistirle...." (6).
5º.- Tódolos anos o maiordomo debía dar conta da administración da confraría ó vicario ou ó párroco correspondentes. Ata o ano mil oitocentos a confraría tivo unha débeda de mil oitocentos corenta e seis reais con dezanove mrs., debido a unha nefasta administración levada a cabo nos anos anteriores (7).
O depositario Francisco Blanco, veciño do lugar da Porfía, foi o encargado de recuperar esta débeda, tarefa que conseguiu realizar parcialmente.
A partir do ano mil oitocentos o párroco de ámbalas dúas fregresías fixo posible a unión do caudal da confraría do Santísimo do Hospital, que era de mil oitocentos setenta e cinco reais, co da confraría do S. Antón, o que ía causar un permanente beneficio desta última confraría durante o século dezanove malia o declive de confrades (8).

NOTAS
1. Maldonado, Luis.- Para comprender El Catolicismo Popular, "Cofradías y Hermandades", Ed. Verbo Divino, Estella (Navarra), 1990, p. 87.
2. Delgado Gómez, Jaime "El camino francés de Santiago en su tramo lucense" Hércules de Ediciones, S.A e Consellería de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia, p.38.
3. Arquivo central diocesano parroquial, Bispado de Lugo, Arciprestado de Samos-Triacastela, Parroquia do Padornelo, Cofradía del Santísimo y S. Antonio, Libro II, 1784-1868, p. 3.
4. Arquivo central diocesano parroquial, Ob. cit, p. 2.
5. Nos anos mil oitocentos dous e mil oitocentos vinteun.
Arquivo central diocesano parroquial. Ob. cit.
6. Arquivo central diocesano parroquial, Bispado de Lugo, Arciprestado de Samos-Triacastela, Parroquia do Padornelo, Cofradía del Santísimo y S. Antonio, Libro II, 1784-1868, p. 2.
7. Convén ter en conta que a confraría do S. Antón de Padua xa funcionaba antes de que o devandito párroco establecese as constitucións sinaladas anteriormente.
8. Arquivo central diocesano parroquial, Ob. cit, p. 6.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES