Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo menos o home

lunes, 11 de mayo de 2015
En calquera catástrofe, estamos dispostos a admitir como causa calquera obxecto que nos deixe tranquilos en canto ao control da situación dentro do descontrol. E xa que non podemos prever o problema nin rebaixar os seus efectos, conformámonos con saber máis ou menos exactamente o que pasou.

E como a técnica ten as súas servidumes, aceptamos coa maior das naturalidades que o material se desgaste, que o ferro poida crebar, mesmo que poida estar en mala situación porque algún ser humano teña tido un erro ao instalalo ou revisalo. Consideramos posible, xustificable, comprensible, que un tornillo cause unha catástrofe. Pero non que a causa sexa unha persoa.

E aínda así existe unha importantísima gradación en canto á intencionalidade humana… porque unha persoa pode causar un accidente, unha traxedia, por acción ou por omisión. Por omisión, ao non facer o que se supón está previsto que faga; por acción, porque faga o que non estea previsto, improvisando ou non, pero sen ánimo de causar o mal.

O que non podemos concebir é o mal polo mal intencionado. Tivemos a proba definitiva o 11S, cando pilotos suicidas demostraron que xa non era verdade o que críamos de que ningún terrorista arriscaría a súa vida a cambio de provocar unha catástrofe. Vese que non lembrabamos o caso dos pilotos suicidas xaponeses que polo Emperador e polo seu País, ofrendaban a vida con tal que a bomba voante que pilotaban puidese chegar ao seu destino causando a morte.

Recentemente, tivemos un novo exemplo do terror polo terror, un ascenso na escala que cabe supoñer infinita do mal causado por un humano, superando calquera previsión dos ben pensantes.

Se o accidente dos Alpes fose causado por un fallo mecánico, a estas alturas do calendario teríamos xa esquecido o accidente, arrumbándoo no almacén dos recordos funestos, no que o último vai eliminando algún dos anteriores. Pero como foi –iso cremos- un home desquiciado o que quixo buscar na morte de todos os pasaxeiros solución para os seus problemas mentais, iso nunca o esqueceremos. Nunca. Porque fallounos un ser coma nós, con problemas coma nós, cun poder ilimitado que nós lle demos… e hai milleiros coma el, aos que non podemos sustraerlles ese poder ilimitado. Por iso a nosa lembranza do que xa sabemos que non foi un accidente, por iso a nosa especial dor, por iso a nosa intranquilidade presente e futura. O 11S foi un despertar. Os Alpes, o escenario dun novo episodio dunha historia que nos tememos interminable.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES