Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo en demasía, cansa

lunes, 11 de mayo de 2015
Aínda que a critique unha e outra vez, sei moi perfectamente que a política é necesaria. Sen a política o mundo non avanza. Nesta semana que entra si que vai avanzar de raio. Ímola ter ata na sopa. Este é o que penso o gran problema. Que todo en demasía, cansa.

Imaxinade a política; que tamén opino que é tan só para uns cantos… elixidos ou non, iso xa non sei. Todo en demasía, aburre. A min, por suposto, creo que o que máis. Xa teño confesado aquí sobre varias novas que ó saír unha e outra vez nos xornais, chega un momento en que xa me apestan, en que xa me cheiran a podremia. Coa política pásame exactamente igual ou máis, e por moi necesaria que sexa.

Así é que intentarei ler tan só as letras gordas de todos os especiais que xa se están facendo sobre as eleccións municipais. Sigo dicindo que con dous ou tres debates televisivos son suficientes para que o votante escolla o camiño a seguir. E aforraríanse moitos cartos e moitísimos máis cabreos. O dos cabreos vai polas famosas promesas duns e doutros. Porque sabemos xa de antemán que o 90 por cento non se cumprirán. E escoitaremos insultos, e gabanzas ficticias, e abrazos traidores, e mentiras a darlle cun sacho. A política é necesaria… pero son tan falsos os políticos.

Non é falsa a imaxe dun neno dentro dunha maleta intentando pasar unha fronteira. Isto si que é un asunto serio, e moi triste. Putas fronteiras do carallo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania