Servicio de Correos
Editorial - lunes, 08 de mayo de 2006
En tempos, Correos funcionaba con tal prontitude e regularidade que había a seguridade que unha carta selada nunha capital galega, vintecatro horas despois sería entregada en Madrid.
Posiblemente hoxe sexa o mesmo nivel de servicio, pero non temos esa seguridade.
Esa seguridade véñennola dar as empresas privadas que xurdiron como fungos garantindo a case inmediata entrega de envíos por cantidades máis de dez veces superiores ás que Correos percibe.
En tempos, o servicio en Correos era tan persoal que os carteiros, veteranos de mil batallas, podían adiviñar a metade dos datos do destinatario e entregar cartas que estaban chamadas a non chegar xamais.
Manuel María. Monforte, bastaba con poñer para que as cartas chegasen á rúa Roberto Baamonde onde vivía o escritor.
Contrasta co sucedido días pasados cunha carta dirixida a un coñecido deseñador da Cerámica de Sargadelos. A carta, ademáis do nome, indicaba Sargadelos.Cervo(Lugo).27.8882. Pois foi devolta por Señas insuficientes. Incomprensible.
Sargadelos, efectivamente, é unha poboación. Pero tamén é unha cerámica que todo o mundo coñece, un Conxunto Histórico-Artístico, e esta Cerámica e a súa historia supera calquera outro límite. En tempos, a carta houbera chegado ó seu destino.
Beneficio para os servicios privados de transporte. Pero Correos, agora, tamén está privatizado. ¡Pois que se note!

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora