Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A festa do vintecatro de maio

miércoles, 06 de mayo de 2015
¡Como me tarda que chegue o vintecatro de maio para que descansen os políticos, e nos deixen descansar a nós!. Porque isto para o público en xeral é un sen vivir, así que cabe supoñer que para a clase política é un tempo de infarto ben difícil de superar.

Neste tempo, os medios informativos e os correos electrónicos dos que temos algunha relación con eles, vense inzados de mensaxes de todo tipo: presentación de candidatos, divulgación de programas, propostas e propósitos, promesas e planteamentos, que nos fan vivir nun mundo extraño, diferente, como se fosemos unhas especiais “Alicias no país das marabillas” que atopamos coellos ou homes de folla de lata, árbores con froitos extraños, e veredas que nunca soubemos que existisen.

E votaremos, e os nosos votos valerán de xeito moi relativo porque o resultado final non vai ser a suma aritmética lóxica senón que se prestará ás máis diversas combinacións.

A situación máis divertida vaise presentar en Guitiriz, onde ás forzas tradicionalmente maioritarias -PP e Psoe-, que tiveron alternancia no goberno co apoio do único concelleiro independente, Suso do Vicentiño, organizador da Romaría Labrega da Chaira, sumanselle agora outras listas que veñen escurecer o panorama, e as manifestacións de Suso de que para apoiar a unha forza política que precise de axuda el será, de todos os xeitos, o alcalde do concello.

Si que pode ser divertido. Como houbera sido divertido se o Bng houbese esixido a Alcaldía de Lugo nas últimas eleccións para apoiar ao Psoe de Orozco, que seguro que a entregaba antes de que gobernase o PP como forza máis votada.

O dito: Ata o vintecatro de maio, penaremos resistindo todos os embates verbais. Despois, para algúns –e para os espectadores-, pode ser divertido.

Pero broma, o que se di broma, non é porque –aínda que pareza supérfluo e esaxerado decilo- o vintecatro de maio, festa dos Milagros de Saavedra, xogámonos tanto que case vale a pena ir de Romaría ofrecidos para que non nos pase nada.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES