Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ideal na vida

viernes, 08 de mayo de 2015
Cando hai un ideal na vida lóitase por unha vida con iudeais. A preocupación central, case exclusiva, dun recluso céntrase en saír en liberdade. É lóxico. É sinal de vida e de esperanza.

A meirande parte do tempo consómese en darlle voltas ao propio expediente e ver de establecer unha boa defensa. É lóxico. O importante é estar libre canto antes.
Pero iso non impide que se susciten por dentro outras preguntas: E ao día seguinte, que? Que fago coa miña liberdade? De verdade son libre? De verdade sei ser libre e actuar con liberdade? E a sociedade axúdame e permíteme ser libre? Diría máis: Quérenme libre?

As grandes figuras de encarcerados dos que temos memoria préstanse para unha reflexión a fondo: Mahatma Gandhi, NelsonMandela, Pablo de Tarso, Pedro, etc.
Máis próximo a nós temos a Frei Luís de León. Durante cinco anos permanece illado nunha cela da Inquisición sen saber quen o acusa e, durante algún tempo, de que se lle acusa. No entanto, será no cárcere onde escribirá algúns dos seus mellores e máis famosos poemas, como aquel que comeza:

Aquí la envidia y la mentira
me tuvieron encerrado.
Dichoso el humilde estado
del sabio que se retira
de aqueste mundo malvado,

y con pobre mesa y casa
en el campo deleitoso
con sólo Dios se compasa,
y a solas su vida pasa,
ni envidiado ni envidioso

En 1576 sae libre do proceso con máis vigor e enerxía moral do que antes de entrar, aínda que a súa saúde fica moi quebrantada. Fíxose famosa a frase na súa volta á cátedra de Salamanca: 'Decíamosayer...'con ela quere indicar o seu triunfo interior contra a maldade dos seus inimigos.

Para crecermos como persoas precísase aproveitar a prisión e tamén as crises persoais para, desde aí, modelar un auténtico proceso de experiencia de maduración interior. Non é fácil e costa moito. Ninguén nos dixo que os momentos das grandes probas, persoais e familiares, sexan doados.

Para medrarmos como persoas é preciso abrirse a novas e grandes utopías. Que vou facer na liberdade que valla a pena na miña vida?

É fácil falar de memoria? Da dor e do sufrimento sempre nos falan os que non pasaron por el. E iso, de que nos serve? Mesmo por iso,miremos de novoa eses modelos que pasaron polas mesmas circunstancias: Ex.: Mandela, 27 anos preso, etc. Vale a pena coñecelos a fondo.

Só cando hai un ideal de vida, se loita por unha vida con ideais. Aí están eses compañeiros africanos que se lanzan con riscos de vida a loitar pola vida.
Anímaste a descubrir e traballar un modelo de futuro de vida que encha a túa vida e a dos teus? Iso merece liberdade e abrirase paso. Pero para iso hai que traballar arreo, a diario e con teima neses proxectos aos que alude a Constitución art. 25, § 2.

Os modelos van diante testemuñándonos que as utopías son posíbeis. Pero cómpre sermos moi realistas e con decisións valentes.

Un compañeiro que xa está en liberdade tróuxome un día esta frase do latín clásico: “Hoc non pereo habebo fortior me”. Alguén a deixara gravada anteriormente nunha cela do módulo 7. “O que non me mata, faime máis forte”, ou doutro xeito: “Se saio desta proba con ben, sairei máis fortalecido”.
Anímaste?
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES