Caterva de Samesugas
Cardalda, Theo - miércoles, 06 de mayo de 2015
Desde o Preguntoiro: Caterva de Samesugas
Dos 61.495 millóns que o estado (diñeiro público) deulle a banca privada só recuperouse un 4,3%. Aquí está a evidencia de como estase esfumando o diñeiro de todos os cidadáns, por riba estes banqueiros que temos que soportar fagan recomendacións para recortar o gasto público, ou sexa, a realidade actual reflicte que os dereitos das persoas do común que cremos conquistados só foi ilusión dun día.
Deixémonos de falar desa eufemística crise, é unha estafa que se nos fixo aos españois por uns trileiros e ladróns de luva branca. Temos que falar da realidade do intento de rematar co estado do benestar por ese brazo invisible do capital financeiro especulativo, que ten como aliado a este goberno do PP.
Moitos de nós temos por norma esquecernos do que dixeron nas pasadas eleccións xerais, aquelas palabras de Rajoy en campaña electoral, cando dixo que a diferencia do PsoE: .¡.non ía a dar nin un só euro de diñeiro dos cidadáns aos bancos..! Mentira cochina, seguen enganando como a primeira hora.
Estes rescates financeiros, privatizacións, privilexios fiscais, evasións de capitais, fraude que viñeron e veñen da corrupción e os pelotazos, todo isto foi o que determinou a situación económica actual. Non é demagoxia dicir que con eses cartos canto se podería facer no ensino, sanidade e protección dos nosos maiores en pensións.
Mentres unha minoría lúcrase de carallo, ven o Sr. Rajoy a dicirnos que isto vai vento en popa. É dunha irresponsabilidade dicir semellante barbaridade, cunha débeda ao cento por cento do PIB e metendo man na Caixa de Fondo de Pensións.
Toda esta caterva de samesugas deste país a tiñamos que botalos fora, expulsalos a calquera nación de África, ou senón que non tocaran máis cargos públicos mentres estiveron neste mundo. Como dicía a miña avoa ante unha inxustiza: ....Mala chispa os coma...

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora