Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vergoñas que temos que pasar

jueves, 04 de mayo de 2006
Rouban unha igrexa da diocese de Mondoñedo na que hai instalado un museo costeado por un particular. Os do contorno ven que un grupo de persoas entran e saen enfaenados, sen molestarse en facer unha chamada.

As forzas de seguridade non parecen inmutarse.

Moitos dos obxectos roubados véndense nun mercadiño popular dominical lucense. As forzas de seguridade non parecen enterarse.

Xentes da boa sociedade lucense mercan por 30€ unha escultura de Victor Corral… E unha Gran Enciclopedia Gallega, misais, figuras de Sargadelos… e ata un par de libros-rexistro parroquiais que afectan a persoas vivas.

Moitos lucenses senten vergoña diante destes feitos, pero coidan normal a situación creada, por estimar que non é conveniente meterse en problemas. E que non é politicamente correcto dicir que os que cargaban obxectos na furgoneta e os que venderon os obxectos “parecían ser” de etnia xitana.

¿De verdade temos que pasar por esta vergoña social?. ¿De verdade ninguén vai facer nada diante dunha situación como a exposta?

Por agora parece que sí, que temos que sufrir vergoña social, pero aínda cabe esperar que ó facer público o tema se remedie esta vergoña.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES