Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Labazadas por unha cor

lunes, 04 de mayo de 2015
Andou, anda e imaxino que aínda andará por un tempo nos distintos medios de comunicación e nas redes sociais o famoso vídeo da nai que lle da unhas labazadas ó seu fillo para sacalo da manifestación á que asistía en Baltimore. A min tamén me coincidiu velo nun café de Baños de Molgas cando o estaban proxectando nun telexornal e, sinceramente, tamén me fixo graza. Porque me fixo pensar na miña nai.

Esta non andaba con días santos e levábate para a casa aínda que fose ás labazadas (máis dunha vez nos foi buscar ó bar do José Benito porque fuxiamos da sesta polo balcón para ver a serie de Bonanza).

A nai coraxe Toya Graham fixo o mesmo co seu fillo. Mais ó día seguinte xa non me causou ningunha graza a súa acción, logo de ler as súas declaracións. É máis, causoume pena e admirei a súa valentía, o seu coraxe. Ela non quería que o seu fillo morrese por enfrontarse á policía ianqui. Ela sabía que, en América, por ser negros, tes 21 veces máis posibilidades ca un branco de caer morto ás mans das forzas da orde. Moi forte este dato!

Como si penso que ten toda a razón do mundo, entendo agora a súa forma de actuar. Lembremos que, aínda que nas fotos e imaxes, e coa cara tapada cun pasamontañas, o manifestante semella un home; a realidade amosa a un rapaz de tan só 16 anos. Calquera nai solta labazas á eito con tal de salvarlle a vida ó seu fillo. Ó seu fillo negro. Que non é o mesmo que un fillo branco.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES