Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Internet periga a Liberdade de prensa

miércoles, 03 de mayo de 2006
No Dia internacional da Liberdade de prensa é momento para, alomenos unha vez ó ano, cavilar sobre esa Liberdade.

Naturalmente que no occidente en que vivimos – Galicia, Europa – existe Liberdade de prensa, aínda que con condicións. Libertade con maiúsculas, mentras en moitos lugares do mundo esa liberdade non existe e os que intentan que alboree colócanse en inmediato perigo de morte.

Pero considerando que temos, efectivamente, liberdade de prensa, podemos ver cal é a “cualidade” desa libertade, porque todo ten matices. Temos Liberdade de prensa escrita, sempre que se conte coa financiación multimillonaria axeitada e Liberdade de prensa en radio e televisión sempre que se conte coa licencia oportuna, que obteñen moito máis doadamente os grupos poderosos. Pero liberdade ó fin para que calquera -¿calquera? – poida expresarse libremente.

O paradigma da liberdade de prensa coidábase ía ser – é – Internet, onde calquera pode crear o seu medio de información. Pero Internet, como tal medio de futuro –cargado de futuro cun bagaxe armamentístico excepcional– desperta desconfianza no poder. E por eso procura invadir a Rede.

Agora, que Internet se consolida cada día con maior firmeza, a súa liberdade –que ninguén discute na teoría– vese a cotío amenazada, ou alomenos restrinxida, ou condicionada, pola Administración.

Cada día que pasa, a Administración crea un Portal de Internet, unha Páxina, un novo instrumento para informar, para formar, para suxerir. Sostido con fondos institucionais.

E cando ós portais privados se nos ocorre pedir axuda ou colaboración para determinado tema de interese público, a resposta adoita ser a de “coincide con temas nos que estamos a traballar”, polo que non é posible esa colaboración.

A iniciativa privada, suplantada pola iniciativa oficial. A Administración, con cargo ó Presuposto, facendo a competencia á iniciativa privada.

No terreo da prensa escrita, sería inadmisible, por razóns obvias. No da radio ou na televisión, é outro cantar.

Liberdade de prensa. ¡Cantas bocas se enchen co teu nome!. ¡Canto camiño nos queda aínda por recorrer!. Alomenos en Internet, periga por inxerencias repetidas da Administración pública.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania