Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A chuvia do recordo

miércoles, 06 de mayo de 2015
Dicía un fado cantado por Mariza que “Há gente que fica na história da gente e outras de quem nem o nome lembramos ouvir” e debe de ser certo cando todos temos referentes vitais que perennizamos no corazón para volver alén do tempo a sentir todo o que nos ficou daquela relación. O caso é que a imaxinación voa ao reencontro para construír esperanza e vivir a plenitude de dous corazóns complementarios.

Vén isto a conto porque Dulcineastudios lanzou un novo vídeo viral no que se pregunta que pasa cando dous amores alonxados no tempo se volven reencontrar cara a cara, a soas e por sorpresa (para eles). Como é lóxico imaxinar as reaccións son do máis diverso porque non sempre se garda o mesmo recordo do vivido e porque cada persoa vive a realidade dende unha perspectiva propia. A pesar disto, o certo é que apagar o lume do amor leva moito tempo e precisa a fundación de novas rodeiras polas que transitar; polo tanto, onde houbo lume sempre fica unha brasa que volver prender. Isto explica que se idealicen determinadas persoas insertándoas nun inmobilismo temporal que nunca é real.

Cando dous amores se encontran pode haber rancor ou sorriso. Nos dous casos está batendo unha sensación de que hai vías que se poderían percorrer no seu día e non se percorreron. Quizais por orgullo, como naquel poema de Bécquer ou por non saber ceder ou mesmo, por ceder de máis... o caso é que cando dous amores se miran, esa mirada percórreos enteiros sen apartarse dos ollos. Sen falar transitan pola súa propia historia e cando se unen as mans as palabras son superfluas fronte a dos corpos que se atraen ao centro da súa propia gravidade.

Nunha mirada volve activarse a noria da historia e esta é unha noria xusta, unha noria que se move coa forza das emocións compartidas non a pode mover calquera, é necesaria unha pureza nas emocións, é necesario sentir en sinceridade; por iso, o acto de recordar é un acto xusto que se sustenta na influencia que a persoa tivo na nosa vida.

Gañar memoria é construír amor, valor, solidariedade, sorrisos e risos que transcenden ao momento nunha forma de ser compartida na que se teceu unha época feliz que non se esquece. Gañar memoria é converterse nunha icona vital, nunha estrela polar que nos reta á propia ledicia. Isto demóstrase nos reencontros promovidos por Dulcineastudios e se nos fixamos pola vida, en milleiros de persoas que só necesitan un instante para prender a mecha eterna da ledicia.

Coido que o amor require valentía e como son dos que creo que existe alguén que complementa o noso puzzle de ledicia non é mala idea indagar no pasado e no presente para procurar esa persoa que nos acende os ollos para iluminarnos a vida.

https://www.youtube.com/watch?v=4m8Eon7stTw
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES