Unha grande traxedia teatral
Cardalda, Theo - jueves, 30 de abril de 2015
O portavoz da Conferencia Episcopal José María Gil Tamallo, remata estes días de falar nunha roda prensa e entre outras cousas dixo: ....Que rompen publicamente coas políticas do PP e piden perdón por primeira vez. Reclaman ao Goberno que non se desmantele o estado do benestar e que non se deixa ao país en mans da banca e os poderes económico.
Un pouco tarde, digo eu. ¿Non se decataron do padecemento dos cidadáns despois de case catro anos?. Penso que non só o votar aos corruptos é pecado, é ademais unha indignidade cómplice e tápanse a nariz para seguir votando a unha tropa de ladróns. Porén, fíome máis do olfacto dun cura que todas as enquisas que poidan manipular. Se estes Bispos xa comezan a marcar distancias co PP é que cheiran o desastre e queren pillar unha boa cadeira para sentar o cu. Nada novo.
Levan dous mil anos así. Que doado é pedir desculpas a toro pasado. ¿Pero renuncian aos seus privilexios?. ¿Comezan a pagar os impostos?. Son tal para cal. Como sempre, demostrando que os intereses políticos e económicos prevalecen ante os sociais. Que paguen o IBI das súas propiedades, rescindir o Concordato, Que paguen o IVA en todo o que interveña unha factura. O que queira igrexa que a pague como en case todos o países do noso entorno. Ou sexa, que a igrexa sexa tratada como o resto das relixións e crenzas e cada católico pague a súa sustentación.
Só agardo que sigamos evolucionando para unha sociedade mellor e máis xusta onde non teñan cabida nin estes políticos corruptos, insolidarios e patriotas de Suiza, nin estes meigos con poder que rin as grazas dos primeiros.
Agora só falta que abandone o barco O Aznar facendo un acto teatral afiliándose a Ciudadanos.
Sr. Mariano Rajoy, non te queren nin os curas; se o glorioso Caudillo erguera a cabeza, volvería a deitarse. E nisto o Sr. Rajoy ollea o ceo e clama: ¡ Padre, tu tambien me has abandonado!.Amén.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora